miniatura|dereita|Teru-teru bouzu. Teru Teru Bouzu é un pequeno boneco tradicional xaponés feito con papel branco ou tea, que pendura nas xanelas os días de choiva. Segundo a tradición, é un amuleto que serve para previr os días de choiva e atraer o bo tempo.

O Teru Teru Bouzu fíxose popular no período Edo. Os nenos construían estes amuletos para ter un bo tempo no seguinte día, dicindo as palabras “menciñeiro do bo tempo, por favor deixa que o tempo sexa bo mañá”.

Na actualidade os nenos fan estes amuletos con papel tisú ou tea branca, e pendúranos na xanela co desexo de ter un día asollado ao seguinte día, frecuentemente en días anteriores a algunha excursión escolar ou a un pícnic. Pendurados de xeito invertido significa desexo de atraer á choiva.

Tamén existe unha coñecida canción asociada ao Teru Teru Bouzu:

Xaponés: てるてるぼうず、てるぼうず 明日天気にしておくれ いつかの夢の空のように 晴れたら金の鈴あげよ

てるてるぼうず、てるぼうず 明日天気にしておくれ 私の願いを聞いたなら 甘いお酒をたんと飲ましょ

てるてるぼうず、てるぼうず 明日天気にしておくれ もしも曇って泣いてたら そなたの首をちょんと切るぞ

Rōmaji: Teru-teru-bozu, teru bozu Ashita tenki ni shite o-kure Itsuka no yume no sora no yo ni Haretara kin no suzu ageyo

Teru-teru-bozu, teru bozu Ashita tenki ni shite o-kure Watashi no negai wo kiita nara Amai o-sake wo tanto nomasho

Teru-teru-bozu, teru bozu Ashita tenki ni shite o-kure Moshi mo kumotte naitetara Sonata no kubi wo chon to kiru zo

Tradución Teru-teru-bozu, teru bozu Fai que mañá o día estea asollado Como o ceo dun soño que unha vez tiven Se está asollado, dareiche un arouxo dourado

Teru-teru-bozu, teru bozu Fai que mañá o día estea asollado Se fas que o meu soño se torne realidade Nós beberemos moito viño doce de arroz

Teru-teru-bozu, teru bozu Fai que mañá o día estea asollado Pero se está nubrado e ti estás a chorar Entón, eu cortareiche a cabeza

Como moitas outras cancións, esa música ten unha orixe máis escura do que parece. Xeralmente está asociada á historia dun monxe que prometeu aos agricultores deter a choiva e traer o bo tempo nun momento en que a choiva estaba a arruinar as colleitas de arroz. Cando o monxe non conseguiu traer o día asollado, foi executado. Varios historiadores xaponeses non están de acordo con esa versión da historia. Probabelmente “bouzu” é o nome que se refire non aos monxes budistas actuais, senón aos que tiñan a cabeza rapada (como a do boneco), e teru teru é unha brincadeira en relación ao brillo do sol na cabeza rapada deses monxes.

Categoría:Cultura do Xapón Categoría:Xoguetes