Hillel Slovak (en hebreo: הלל סלובק), nado en Haifa (Israel) o 13 de abril de 1962 e finado nos Ánxeles (California) o 25 de xuño de 1988, foi un músico israelí-americano coñecido sobre todo por ser o guitarrista orixinal e membro fundador da banda de rock dos Ánxeles Red Hot Chili Peppers. Antes da súa morte por unha sobredose de heroína en 1988, Slovak gravou dous álbums coa banda, Freaky Styley (1985), e The Uplift Mofo Party Plan (1987).
Traxectoria A familia de Slovak emigrou aos Estados Unidos cando el tiña cinco anos. Slovak coñeceu os seus futuros compañeiros de banda Anthony Kiedis, Flea e Jack Irons cando ía á escola en Los Angeles. El e Irons uníronse ao grupo Anthym na súa etapa do instituto, no Fairfax High School, grupo ao que posteriormente tamén se uniría Flea. Slovak, Flea, Kiedis e Irons, formaron os Red Hot Chili Peppers en 1983, os cales se fixeron populares en Los Angeles, e fixeron varios concertos pola cidade. Con todo, Slovak deixou a banda para centrarse en What Is This?, quen tiñan un acordo de gravación dun disco, deixando aos Red Hot Chili Peppers na gravación do seu primeiro álbum. Volveu aos Red Hot Chili Peppers en 1985, e gravou dous álbums coa banda, Freaky Styley e The Uplift Mofo Party Plan.
Durante a súa carreira, Slovak tivo unha seria adicción á heroína. Sucumbiu a esta adicción, falecendo dunha sobredose o 25 de xuño de 1988, á idade de 26 anos. Foi substituído polo guitarrista John Frusciante, quen foi influenciado polo estilo de Slovak. Varias cancións dos Red Hot Chili Peppers foron escritas coma tributos a Slovak, coma "My Lovely Man". En 1999, o seu irmán publicou un libro titulado Behind the Sun: The Diary and Art of Hillel Slovak, onde aparecen historias e debuxos de Slovak.
Discografía Con Addie Brik Wattsland - EP (1984)
Con What Is This Squeezed - EP (1984) What Is This (1985) 3 Out Of 5 Live - EP (1985)
Con Red Hot Chili Peppers Freaky Styley (1985) The Uplift Mofo Party Plan (1987) The Abbey Road E.P. (1988) Mother's Milk (1989) Toca en só unha canción, "Fire" What Hits!? (1992) Out in L.A. (1994) Under the Covers: Essential Red Hot Chili Peppers (1998) The Best of Red Hot Chili Peppers (1998)
Categoría:Guitarristas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados en Haifa Categoría:Finados en 1988 Categoría:Guitarristas de Israel Categoría:Finados por sobredose