Diana, princesa de Gales (de solteira Diana Frances Spencer), nada en Sandringham, Norfolk, o 1 de xullo de 1961 e finada en París o 31 de agosto de 1997, foi a primeira esposa do rei Carlos III do Reino Unido.

É coñecida internacionalmente como Lady Di. Durante o seu matrimonio co entón príncipe Carlos de Gales, herdeiro da Coroa Británica, tivo dous fillos, os príncipes Guillerme e Henrique. A súa polémica e fatídica morte, acaecida o 31 de agosto de 1997 no túnel da praza de l'Alma en París nun accidente de automóbil xunto á súa parella, o empresario exipcio Dodi Al-Fayed, converteuna nun mito da cultura británica e nun personaxe imprescindible da historia mundial recente. Tras divorciarse do seu marido, perdería a condición de A súa Alteza Real, aínda que conservou o título de princesa de Gales.

Ascendencia

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Radioteatro en español. Adaptación da vida de Diana de Gales. Intervén o xornalista Jesús Abad . Especial a 10 anos da súa morte . The Diana Chronicles . Web temática sobre Diana de Gales coa biografía e vídeos da súa vida .

Categoría:Príncipes de Gales Categoría:Nados en Norfolk Categoría:Nados en 1961 Categoría:Finados en 1997 Categoría:Familia real británica Categoría:Finados en accidente de tráfico Categoría:Activistas contra a pobreza