Jean Clottes, nado en 1933 en Espéraza (Aude) é un prehistoriador francés, especialista do paleolítico superior e da arte rupestre.

Traxectoria Fixo os seus estudos secundarioss no liceo (lycée) de Carcasona de 1944 a 1950 e os seus estudos superiores en Tolosa Despois duns anos de profesor no liceo de Foix, emprende os estudos de prehistoria. A súa tese foi sobre os dolmens de Lot. Docteur ès lettres et sciences humaines desde 1975, foi director de Antigüidades prehistóricas da rexión Mediodía-Pireneos. Antigo conservador xeral do Patrimonio no ministerio de Cultura, do que foi conselleiro científico sobre a arte prehistórica.

Tamén é presidente do ICOMOS O ICOMOS, Comité internacional dos monumentos e os sitios (da sigla en inglés International Council on Monuments and Sites é unha asociación civil non gobernamental, con sede en París (Francia) ligada á ONU, a través da Unesco. e responsábel do estudo científico da gruta Chauvet e da Cosquer.

Teoría do xamanismo parietal Realizou un importante traballo para tratar de comprender o cadro conceptual das pinturas rupestres, que puido relacionar co xamanismo. A apariciónn do libr Les chamanes de la Préhistoire escrito en colaboración con D. Lewis-Williams permitiulle avanzar varios argumentos no sentido do recoñecemento dunha sociedade paleolítica entrada na práctica de ritos xamánicos. A obra foi á vez innovadora e criticada, o que levou ao autor a precisar os seus puntos de vista, insistindo no feito de que se trataba máis ben dunha hipótese científica plausíbel e non de afirmacións non fundamentadas. Hoxe en día a teoría do xamanismo á comunmente aceptada no medio científico cando se fala das realizacións parietais nas grutas ornamentadas paleolíticas.

Obra Cavernes de Niaux Art Préhistorique en Ariège La Grotte Cosquer, con Jean Courtin Les Chamanes de la Préhistoire, con David Lewis-Williams, éditions du Seuil ISBN 2-02-028902-4 La préhistoire rancontée à mes petits-enfants L'Art des cavernes préhistoriques, Phaidon. Grotte Chauvet, éditions du Seuil ISBN 978-2-02-102208-7 Miquel Barceló, en colaboración con Alberto Manguel e Éric Mézil, éditions Actes Sud e Collection Lambert, 2010 ISBN 978-2-7427-9142-2 Cosquer redécouvert, en colaboración con Jean Courtin e Luc Vanrell, Editiions du Seuil, 2005. ISBN 978-2020655507 Les Cavernes de Niaux, Art préhistorique en Ariège, éditions Errance, 2010. La France préhistorique, un essai d’histoire (dir.), Gallimard, 2010.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas futura-sciences Jean Clottes Consultada o 26-07-2011. CNRS De "l’art pour l’art" au chamanisme: l’interprétation de l’art préhistorique, por Jean Clottes Consultada o 26-07-2011. Bradshawfoundation Dr Jean Clottes Consultada o 26-07-2011. Jean Clottes, Biographie sur Hominides.com Biografía científica Consultada o 26-07-2011.

Categoría:Nados en 1933 Categoría:Arqueólogos de Francia