A dos insectos (nome científico Insecta , 1758) son unha clase de animais invertebrados, e o grupo máis grande dentro do filo dos artrópodos, caracterizados por presentar un par de antenas, tres pares de patas e dous pares de ás (que, con todo, poden reducirse ou faltar). A ciencia que estuda os insectos denomínase entomoloxía. O seu nome provén do latín insectum, calco do grego ἔντομα, 'cortado no medio'.
Os insectos comprenden o grupo de animais máis diversos da Terra con aproximadamente un millón de especies descritas, máis que todos os demais grupos de animais xuntos, e con estimacións de ata trinta millóns de especies non descritas, co que, potencialmente, representarían máis do 90 % das formas de vida do planeta. Outros estudos máis recentes rebaixan a cifra de insectos por descubrir a entre seis e dez millóns de especies. En:
Os insectos pódense encontrar en case todos os ambientes do planeta, aínda que só un pequeno número de especies se adaptou á vida nos océanos. Hai aproximadamente seis mil especies de odonatos (libélulas, cabaliños do demo), 20 000 de ortópteros (saltóns, grilos), 120 000 de lepidópteros (bolboretas e avelaíña), 160 000 de dípteros (moscas, mosquitos), 9800 de dictiópteros (cascudas, térmites, mantis), 5200 piollo, 1900 Pulga, 82 000 de hemípteros (chinches, pulgóns, cigarras), 375 000 de coleópteros (escaravellos, maruxiñas), e 153 000 especies de himenópteros (abellas, avespas, formigas). Con iso e todo a biodiversidade dos insectos diminúe.
Os insectos non só presentan unha gran diversidade, senón que tamén son incriblemente abundantes. Algúns formigueiros conteñen máis de vinte millóns de individuos e calcúlase que hai 1015 formigas vivindo sobre a Terra. Na selva amazónica estímase que hai unhas 60 000 especies e 3,2 × 108 individuos por hectárea. Estímase que hai 200 millóns de insectos por cada ser humano.
Algúns pequenos grupos de animais, tales coma os colémbolos, proturos e dipluros, están relacionados cos insectos no subfilo dos hexápodos. Os insectos verdadeiros (os da clase dos Insecta) distínguense do resto dos hexápodos en parte por seren ectognatos (coas pezas bucais dispostas exteriormente). Moitas especies, aínda que non todas, teñen ás na súa fase adulta. Os artrópodos terrestres como os cempés, miriápodos, escorpións e arañas confúndense a miúdo cos insectos debido a que teñen estruturas corporais semellantes, pero non o son.
Anatomía externa miniatura|Anatomía dun insecto. A.- Cabeza; B.- Tórax; C.- Abdome. 1.- Antena; 2.- Ocelo inferior; 3.- Ocelo superior; 4.- Ollo composto; 5.- Cerebro; 6.- Protórax; 7.- Arteria dorsal (aorta); 8.- Traqueas; 9.- Mesotórax; 10.- Metatórax; 11.- Ás anteriores; 12.- Ás posteriores; 13.- Estómago; 14.- Corazón; 15.- Ovarios; 16.- Intestino; 17.- Ano; 18.- Vaxina; 19.- Cadea ganglionar ventral; 20.- Tubos de Malpighi; 21.- Tarsómero; 22.- Unlla; 23.- Tarso; 24.- Tibia; 25.- Fémur; 26.- Trocánter; 27.- Bocho; 28.- Ganglio torácico; 29.- Coxas; 30.- Glándula salivar; 31.- Colar periesofáxico; 32.- Pezas bucais; de esquerda a dereita: labro, mandíbulas, maxilas e labio. Os insectos deben o seu nome á estrutura metamérica do corpo. O corpo dos insectos está formado por tres rexións principais (denominadas tagmas): cabeza, tórax e abdome uniformemente recubertas por un exoesqueleto.
Exoesqueleto
O exoesqueleto ou ectoesqueleto é o esqueleto externo que recubre todo o corpo dos insectos e demais artrópodos, tamén é coñecido como integumento. En insectos está formado por unha sucesión de capas; de dentro cara a fóra estas son: a membrana basal, a epiderme ou hipoderma e a cutícula; a única capa celular é a epiderme; o resto non posúe células e está composto por algunhas das seguintes substancias: quitina, artropodina, esclerotina, cera e melanina. O compoñente ríxido, a esclerotina, cumpre varios papeis funcionais que inclúen a protección mecánica do insecto e o apoio dos músculos esqueléticos, a través do chamado endoesqueleto; nos insectos terrestres, o exoesqueleto tamén actúa como unha barreira para evitar a desecamento ou perda da auga interna. O exoesqueleto apareceu por primeira vez no rexistro fósil hai uns 550 millóns de anos e a súa evolución foi crítica para a radiación adaptativa e a conquista de case todos os nichos ecolóxicos do planeta que os artrópodos viñeron realizando desde o Cámbrico.
Cabeza
miniatura|Cabeza de insecto (Odonatos). A cabeza é a rexión anterior do corpo, en forma de cápsula. Nela encóntranse os órganos da alimentación e diferentes órganos sensoriais, os cales son: un par de antenas, ollos simples (ocelos), ollos compostos e as pezas bucais (un par de mandíbulas, un par de maxilas e o labio ou beizo), que varían moito segundo as ordes estudadas. A parte externa endurecida ou esclerosada da cabeza chámase cranio.
A cabeza dos insectos está subdividida por suturas nun número de escleritos máis ou menos diferenciados que varían entre os diferentes grupos. Tipicamente hai unha sutura en forma de "E" investida, estendéndose ao longo da parte dorsal e anterior da cabeza, bifurcándose por encima do ocelo para formar dúas suturas diverxentes, as cales se estenden cara a abaixo nos lados anteriores da cabeza. A parte dorsal desta sutura (a base da E) é chamada sutura coronal e as dúas ramas anteriores suturas frontais. Por outra banda, a cabeza dos insectos está constituída dunha rexión preoral e dunha rexión postoral. A rexión preoral contén os ollos compostos, ocelos, antenas e áreas faciais, incluído o beizo superior, e a parte postoral contén as mandíbulas, as maxilas e os beizos.
Internamente, o exoesqueleto da cápsula cefálica dos insectos se invaxina para formar as ramas do tentorio que serven como sitios de inserción muscular.
Ollos
miniatura|150px|Ollos compostos dun odonato. A maioría dos insectos teñen un par de ollos compostos relativamente grandes, localizados dorso-lateralmente na cabeza. A superficie de cada ollo composto está dividida nun certo número de áreas circulares ou hexagonais chamadas facetas ou omatidios; cada faceta é unha lente dunha única unidade visual. En adición aos ollos compostos, a maioría dos insectos posúe tres ollos simples ou ocelos localizados na parte superior da cabeza, entre os ollos compostos.
Antenas miniatura|esquerda|Forma das antenas nos lepidópteros, por C. T. Bingham (1905).
Son apéndices móbiles multiarticulados. Preséntanse en número par nos insectos adultos e a maioría das larvas. Están formadas por un número variable de artellos denominados antenómeros ou antenitas. O labor das antenas é eminentemente sensorial, desempeñando varias funcións. A función táctil é a principal, grazas aos pelos táctiles que recobren case todos os antenómeros; tamén desempeñan unha función olfactiva, proporcionada por áreas olfactivas en forma de placas cribadas de poros microscópicos distribuídas sobre a superficie dalgúns antenómeros terminais. Tamén posúen unha función auditiva e ás veces unha función prensora durante a cópula ou apareamento, ao suxeitar á femia. Están formadas por tres partes, sendo as dúas primeiras únicas e uniarticuladas e a terceira comprende un número variable de antenómeros e denomínanse respectivamente: escapo, pedicelo e flaxelo ou funículo.
Pezas bucais
Son pezas móbiles que se articulan na parte inferior da cabeza, destinadas á alimentación; trituran, roen ou mastigan os alimentos sólidos ou duros e absorben líquidos ou semilíquidos. As pezas bucais son as seguintes:
Labro (beizo superior ou beizo simple). É un esclerito impar de forma variable con movementos para arriba e para abaixo; é o teito da boca e articúlase co clípeo. Na súa parte ventral ou interna está localizada a epifarinxe, que non é unha peza libre, está levemente esclerosada; a súa función é gustativa. Mandíbulas. Son dúas pezas simples, dispostas lateralmente baixo o beizo superior, articuladas, resistentes e esclerosadas. A súa función é mastigar, triturar ou lacerar os alimentos. Nalgúns adultos poden faltar sendo totalmente ausentes ou vestixiais na totalidade dos lepidópteros e efemerópteros. Maxilas. En número de dous, están situadas detrás das mandíbulas. Articuladas na parte lateral inferior á cabeza, son pezas auxiliares durante a alimentación. A hipofarinxe é unha estrutura saínte, localizada sobre o queixo con función gustativa. Aseméllase á lingua. As maxilas posúen un palpo maxilar cada unha. Labio (labium). Estrutura impar resultado da fusión de dúas apéndices situada baixo as maxilas e que representa o chan da boca; presenta dous pequenos palpos labiais.
Tipos principais de aparellos bucais O aparello bucal dos insectos sufriu diversas especializacións nos diferentes grupos de insectos, pero de forma xeral segue algúns modelos básicos que dependen dos hábitos alimenticios. Aquí cítanse os tipos máis diferenciados e interesantes, escollidos para ilustrar as diversas formas adoptadas por partes homólogas, e os diferentes usos a que poden ser aplicadas. Existen moitos outros tipos, gran cantidade dos cales representan estados intermedios entre algúns dos aquí citados: miniatura|Radiación adaptativa das pezas bucais dos insectos. A: tipo mastigador, B: tipo cortador-chupador, C: en espiritrompa, D: tipo picador-suctor. a:antena, c: ollo composto lr (vermello): labro, md (verde): mandíbulas, mx (amarelo): maxilas, lb (azul): labio, hp (azul escuro): hipofarinxe. Mastigador: Suponse que é o tipo máis primitivo. Está formado por un labio superior móbil, un par de mandíbulas sen palpos, dúas maxilas libres con palpos móbiles e un labio inferior que en realidade está formado pola soldadura de dúas maxilas e dotado de dous palpos. É propio dos ortópteros, coleópteros, neurópteros, arquípteros, moitos himenópteros e as larvas dos lepidópteros. As mandíbulas cortan e trituran os alimentos sólidos e as maxilas e os labios empúxanos cara ao esófago. O aparello bucal de tipo mastigador é o máis xeneralizado entre os insectos e, a partir do mesmo, desenvolvéronse os outros tipos (ver figura abaixo á dereita). Este punto de vista susténtase en dúas clases de probas importantes. En primeiro lugar, este aparello bucal é o máis semellante na súa estrutura ao dos miriápodos que son os parentes máis próximos dos insectos. En segundo lugar, o aparello bucal mastigador atópase en case todas as ordes de insectos como os ortópteros, os coleópteros e as larvas dos lepidópteros.
Cortador-chupador. Este tipo de aparello bucal atópase nos tabáns (Díptera Tabanidae) e algúns outros dípteros, as mandíbulas preséntanse en forma de follas afiadas e as maxilas en forma de longos estiletes sonda. Ambas cortan e desgarran o tegumento dos mamíferos, facendo fluír o sangue da ferida. Esta sangue é recollida pola protuberancia esponxosa do labio e conducida ao extremo da hipofarinxe. A hipofarinxe e a epifarinxe axústanse para formar un tubo a través do cal o sangue é aspirada cara ao esófago.