miniatura|dereita|Infografía da serra do Oribio. A serra do Oribio é unha das serras orientais de Galiza. Esténdense en dirección E-SO por terras dos concellos de Samos e Triacastela. Está limitada ao norte polo val do río Sarria e ao sur polo río Lóuzara. A serra está conformada por pelitas. Na vertente oeste nacen varios afluentes do río Sarria e na leste do Lóuzara.

Está incluída como espazo natural na zona especial de conservación dos Ancares-Courel.

O punto de maior elevación é o pico Oribio, con 1 447 metros sobre o nivel do mar.

Historia A serra está atravesada polo antigo Camiño Real do Oribio de orixe prerromana, e que posteriormente foi denominado Camiño de Castela que, como o seu nome indica, era o camiño que comunicaba ámbolos reinos. As referencias ao Camiño Real de Oribio aparecen en numerosos documentos gardados no Mosteiro de Samos e no Pazo de Perros, Calvor (Sarria).

Cultura

Véxase tamén Bibliografía As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1

Oribio Categoría:Samos Categoría:Triacastela