miniatura|dereita|100px|Fórmula da glutamina ionizada. miniatura|dereita|250px|Formas zwitteriónicas da glutamina a pH neutro. L-glutamina (esquerda) e D-glutamina (dereita). A glutamina (abreviadamente Gln ou Q) é un α-aminoácido que forma parte das proteínas (aminoácido proteinoxénico). A súa cadea lateral -CH2-CH2-CO-NH2 é unha amida formada ao substituír o grupo hidroxilo da cadea lateral do ácido glutámico por un grupo amino. Por tanto, pode considerarse como a amida do ácido glutámico cun grupo carboxiamida. O grupo amino é polar, polo que se considera un aminoácido polar neutro a pH celular. Nas proteínas aparece o isómero L.
Non se considera un aminoácido esencial, pero pode chegar a ser condicionalmente esencial en certas situacións, como adestramento atlético intenso ou trastornos gastrointestinais. Está codificado polos codóns do código xenético CAA e CAG. No sangue humano a glutamina é o aminoácido máis abundante, cunha concentración de arredor 500-900 µmol/L..
Na súa degradación oxidativa a glutamina orixina alfa-cetoglutarato, que pode entrar na gliconeoxénese, polo que é un aminoácido glicoxénico.
Funcións A glutamina desempeña importantes funcións bioquímicas, como as seguintes: Síntese proteica, xa que é un compoñente das proteínas. Regulación do balance ácido-básico nos riles ao producir amonio.. Fonte de enerxía celular en certos casos.. Doazón de nitróxeno para moitos procesos do anabolismo. Doazón de carbono, como fonte que "enche" o ciclo do ácido cítrico.. Transportador non tóxico de amonio pola corrente sanguínea.
Órganos consumidores e produtores A glutamina sintetízase polo encima glutamina sintetase a partir de glutamato e amoníaco. O tecido máis importante na produción de glutamina é o muscular, que orixina arredor do 90% de toda a glutamina sintetizada. Tamén liberan pequenas cantidades de glutamina os pulmóns e o cerebro.. O fígado ten a capacidade de facer unha síntese significativa de glutamina, pero o seu papel no metabolismo da glutamina é máis ben regulador, xa que o fígado recibe grandes cantidades de glutamina procedente do intestino.
Os consumidores máis ávidos de glutamina no organismo son as células intestinais, os riles para establecer o equilibrio ácido-básico, as células inmunes activadas. e moitas células cancerixenas. Aproveitando isto último, téñense probado diversos fármacos análogos da glutamina como tratamentos anticancerosos, como a 6-Diazo-5-oxo-L-norleucina (DON), azaserina ou acivicina.
Exemplos do uso da glutamina En estados catabólicos de traumatismos ou enfermidades, a glutamina pode chegar a ser un aminoácido esencial e requírese a súa inxesta como suplemento nutricional. A glutamina foi moi estudada durante os últimos 10–15 anos e mostrou ser útil no tratamento de doenzas graves, mancaduras, traumas, queimaduras, e como paliativo dos efectos secundarios do tratamento do cáncer, e como axuda para a curación de feridas cirúrxicas en pacientes postoperatorios . e para unha máis rápida recuperación.. A glutamina comercialízase como suplemento alimentario para o crecemento muscular. As probas indican que a glutamina cando se administra oralmente pode incrementar os niveis plasmáticos da hormona do crecemento ao estimular a glándula pituitaria anterior. Na investigación biolóxica a L-glutamina engádese habitualmente aos medios de cultivos celulares.
Nutrición Presenza no organismo A glutamina é o aminoácido non esencial máis abundante no corpo humano e un dos poucos aminoácidos que poden cruzar a barreira hemato-encefálica.. No corpo atopámola circulando polo sangue ou almacenada nas proteínas do músculo esquelético. Só é necesaria a suplementación en casos de enfermidade ou traumas.
Fontes alimenticias As principais fontes dietarias de L-glutamine son: carne de vaca, polo, peixe, ovos, leite e produtos lácteos, trigo, repolo, remolacha, feixóns, espinacas, e perexil. Tamén se atopan pequenas cantidades de L-glutamina libre en zumes de verduras e alimentos como o tofu..
Notas
Véxase tamén Outros artigos Isoglutamina Ácido glutámico
Categoría:Aminoácidos Categoría:Aminoácidos glicoxénicos