Dorell Lawrence Wright, nado nos Ánxeles (California) o 2 de decembro de 1985, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga no Lokomotiv Kuban da VTB United League.

Traxectoria profesional Wright foi seleccionado na 19ª posición do Draft da NBA de 2004 polos Miami Heat. Entrou na NBA directamente dende o instituto, tras acadar 29.4 puntos, 14 rebotes e 5 tapóns por partido no South Kent School en Connecticut.

En 2006, Wright foi o membro dos Heat máis novo no equipo que gañou o primeiro campionato da NBA para Miami. O 21 de agosto de 2008, Wright asinou un novo contrato cos HeatHeat re-sign Wright.

Wright asinou cos Golden State Warriors o 13 de xullo de 2010Warriors Sign Free Agent Forward Dorell Wright. O 27 de novembro de 2010, Wright anotou 9 triplas, a marca máis alta da franquía, superando a marca de Jason Richardson, con 8 triplas o 29 de marzo de 2007.

O 9 de febreiro de 2011, Wright foi seleccionado para participar no concurso de triplas do NBA All-Star Weekend de 2011 nos Ánxeleshttp://www.nba.com/warriors/news/dorell_wright_three_point_shootout.html. Ao remate da tempada 2010-11, Wright rematou 3º na votación polo xogador máis mellorado da NBA, detrás de LaMarcus Aldridge e Kevin Love.

O 11 de xullo de 2012, Wright foi traspasado ós Philadelphia 76ers nun traspaso entre tres equipos. O 10 de xuño de 2013, asinou un contrato cos Portland Trail Blazers.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Nados en 1985 Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Miami Heat Categoría:Xogadores dos Miami Heat Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores do KK Igokea Categoría:Xogadores do Brose Baskets Categoría:Xogadores do PBC Lokomotiv Kuban