250px|miniatura|dereita|Levi Leipheimer en 2009.‎ Levi Leipheimer, nado o 24 de outubro de 1973 en Butte, Montana, é un ciclista estadounidense. Fíxose profesional en 1998 e deuse a coñecer na Vuelta a España 2001 na que rematou 3º na clasificación xeral. As súas características son axeitadas para as grandes voltas xa que se defende na montaña e destaca nas contra o reloxo. Ten sido campión nacional de ciclismo tanto en ruta como contra o reloxo, e acadou vitorias de etapa no Tour de Francia 2007 e na Vuelta a España 2008. Nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 foi medalla de bronce na proba de contra o reloxo.

Participacións nas Grandes Voltas A Levi Leipheimer fóronlle retirados tódolos resultados obtidos nas Grandes Voltas entre o 1 de xuño de 1999 e o 29 de xullo de 2007 pola súa relación coa trama de dopaxe existente no equipo US Postal durante o conxunto dos anos de vitorias de Lance Armstrong. Deste xeito, foi despoxado dos podios acadados na Vuelta 2001 e no Tour 2007, entre outros resultados. 1997199819992000200120022003200420052006200720082009201020112012Giro de Italia - - - - - - - - - - -18º5º - - -Tour de Francia - - - - -8ºAb.9º5º12º3º -Ab.12º32º32ºVuelta a España - - - -3º -58º - - - -2º - - - -

Ab = Abandono

Equipos Comptel Data System (1997) Saturn Cycling Team (1998-1999) US Postal Service (2000-2001) Rabobank (2002-2004) Gerolsteiner (2005-2006) Discovery Channel Pro Cycling Team (2007) Astana (2008-2009) Team RadioShack (2010-2011) Omega Pharma-QuickStep (2012)

Véxase tamén Outros artigos Tour de Francia 2007

Ligazóns externas Páxina oficial de Levi Leipheimer

Categoría:Ciclistas olímpicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de Silver Bow, Montana Categoría:Nados en 1973 Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Medallistas olímpicos de bronce polos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Medallistas olímpicos en ciclismo