O Biduedo é un lugar da parroquia de Lamas do Biduedo, no concello de Triacastela, na comarca de Sarria. Segundo o IGE a súa poboación no ano 2010 era de 31 persoas (19 homes e 12 mulleres).

Patrimonio Hai unha capela adicada a San Pedro. Ten unha nave única duns 5 por 10 m, cun oco na fachada sur e cuberta a dúas augas con artesoado de madeira.

Lugares e parroquias Lugares de Lamas do Biduedo

Parroquias de Triacastela

Notas

Categoría:Lugares de Triacastela Categoría:Localidades do Camiño Francés