Robin Hood, príncipe dos ladróns (en ) é un filme estadounidense dirixido por Kevin Reynolds que se estreou en 1991.

Sinopse Robin Hood (Kevin Costner) é un nobre inglés que, unido ó rei Ricardo Corazón de León na Terceira Cruzada, é encarcerado nunha prisión de Xerusalén. Na súa fuxida, coñecerá ó tamén preso Azeen (Morgan Freeman), que agradecido porque Hood lle salvara a vida, decide quedar con el ata devolverlle o favor.

Cando Robin e Azeem chegan a Inglaterra, gobernada agora polo déspota sheriff de Nottingham (Alan Rickman), axudado polo seu primo Guy de Gisborne (Michael Wincott) e a meiga Morgana (Geraldine McEwan), descobren que o pai de Robin, lord Locksley (Brian Blessed), fóra asasinado polo shériff. Para vingarse, Robin, axudado por Azeem, comeza a roubar á nobreza e á igrexa para alimentar ós máis necesitados. Por iso, o shériff valora a cabeza de Hood en cen pezas de ouro.

Agochados no bosque de Sherwood, Robin e Azeem coñecen a persoas que, por un motivo ou outro, tamén se agochan do poder do shériff de Nottingham. Unidos por unha mesma causa, o grupo liderado por Robin Hood artellan a súa vinganza. Co que non conta ninguén é que lady Marian (Mary Elizabeth Mastrantonio), con quen o shériff quere casar e ter descendencia, e Hood están namorados o un do outro.

Finalmente, cando lady Marian é obrigada, será o grupo de Hood quen a salve da fortaleza real e libere o país do Shériff de Nottingham.

Personaxes Kevin Costner como Robin Hood Morgan Freeman como Azeem Mary Elizabeth Mastrantonio como Marian Dubois Christian Slater como Will Scarlett Alan Rickman como George, shériff de Nottingham Geraldine McEwan como Mortianna Michael McShane como Friar Tuck Brian Blessed como Lord Locksley Michael Wincott como Guy de Gisborne Nick Brimble como Little John Harold Innocent como o bispo de Hereford Walter Sparrow como Duncan Sean Connery como rei Ricardo Corazón de León

Galardóns e nomeamentos 1991: Nomeada ó Oscar: Mellor canción orixinal. 1991: 2 nomeamentos ó Globo de Ouro: Mellor canción orixinal, bso. 1991: BAFTA: Mellor actor secundario (Alan Rickman). 2 nomeamentos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Sycamore Gap Tree

Categoría:Filmes de 1991 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Kevin Reynolds Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de capa e espada Categoría:Filmes ambientados en Inglaterra Categoría:Filmes ambientados en Xerusalén Categoría:Filmes sobre as Cruzadas Categoría:Filmes de Robin Hood Categoría:Filmes de 1991 con versión en galego