Space Jam é un filme estadounidense dirixido por Joe Pytka que se estreou en 1996. É un filme familiar de deportes con escenas de animación protagonizado por Michael Jordan e Wayne Knight, así como os Looney Tunes. Estreouse en galego na TVG o 17 de outubro de 2009.

Sinopse Bugs Bunny e os seus amigos desafían ós Nerdlucks (un grupo de pequenos extraterrestres) a un partido de baloncesto para decidir se os Looney Tunes permanecen na Terra ou se converten na maior atracción dun parque de atraccións de Montaña Tontolandia, nunha afastada galaxia. Os Nerdlucks teñen unha arma secreta monstruosa ó seu favor: apoderáronse das mellores cualidades das estrelas da NBA (como Charles Barkley e Patrick Ewing) converténdose en súper monstros. Pero o equipo dos Looney tamén ten unha arma secreta, o mellor xogador deste ou doutro universo: Michael Jordan.

Personaxes Michael Jordan como unha versión ficticia de El mesmo Bill Murray como El mesmo Wayne Knight como Stan Podolak Thom Barry como James Jordan Theresa Randle como Juanita Jordan Manner Washington como Jeffrey Jordan Eric Gordon como Marcus Jordan Penny Bae Bridges como Jasmine Jordan Billy West dobra as voces de: Bugs Bunny Elmer Fudd Dee Bradley Baker dobra as voces de: Daffy Duck Tasmanian Devil Bully for Bugs Danny DeVito dobra a voz de Mister Swackhammer Bob Bergen dobra as voces de: Hubie and Bertie Marvin the Martian Porky Pig Tweety Bill Farmer dobra as voces de: Sylvester Yosemite Sam Foghorn Leghorn June Foray dobra a Granny Kath Soucie dobra a Lola Bunny Maurice LaMarche dobra a Pepé Le Pew

As voces dos Nerdlucks son as de Jocelyn Blue (Pound), Charity James (Blanko), June Melby (Bang), Catherine Reitman (Bupkus) e Colleen Wainwright (Nawt); as voces dos Monstars son as de Darnell Suttles (Pound), Steve Kehela (Blanko), Joey Camen (Bang), Dorian Harewood (Bupkus) e T. K. Carter (Nawt).

Galardóns e nomeamentos 1997: Premios Annie: 4 nomeamentos, incluíndo Mellor longametraxe animada.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 1996 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes con banda sonora de James Newton Howard Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes ambientados en 1973 Categoría:Filmes ambientados en 1993 Categoría:Filmes ambientados en 1995 Categoría:Filmes de historia alternativa dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 1996 con versión en galego