Tøger Seidenfaden, nado en Copenhaguen o 28 de abril de 1957 e finado o 27 de xaneiro de 2011, foi un importante redactor de cabeceiras de xornal dinamarqués.
Traxectoria Foi coñecido sobre todo pola súa tarefa ao cargo do diario Politiken, do cal foi redactor xefe dende o 1 de outubro de 1993 até o seu pasamento en 2011. Antes disto, fora redactor de asuntos estranxeiros e redactor xefe da publicación de carácter semanal Weekendavisen, así como director xeral da canle televisiva TV2. Era fillo do antigo redactor xefe do diario Information Erik Seidenfaden (1910-1990) e de Lone Knutzon (1923-1978), así como medio irmán da tamén editora Snu Seidenfaden.
Véxase tamén Ligazóns externas Obituario Fotoseries en Politiken sobre Tøger Seidenfaden
Categoría:Personalidades do xornalismo Categoría:Nados en 1957 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Nados en Copenhague