Castrovite é un lugar da parroquia de Orazo, no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2010 tiña 75 habitantes (29 mulleres e 36 homes).

Historia Consérvanse restos do poboado castrexo de Santa Mariña, que data do século IV a. C. Situado no punto máis alto do lugar, a uns 400 metros de altitude, está algo deteriorado. Atopáronse cerámicas e unha conta de pasta vítrea nunha escavación realizada en 1995. Enriba do castro hai unha ermida dedicada á Virxe de Santa Mariña na que o 25 de xullo se celebran a festa.

A comezos do século XX houbo na parroquia unha fabrica de campás propiedade da familia Liste, que fabricaba e exportaba campás a todo Galicia.

Lugares e parroquias Lugares de Orazo

Parroquias da Estrada

Véxase tamén Outros artigos Lugares da Estrada Bibliografía

Categoría:Lugares da Estrada