Florida é un estado da rexión Sur dos Estados Unidos, o máis meridional dos 48 estados nos Estados Unidos continental. Limita, ao norte con Alabama e Xeorxia e ao sur co Estreito de Florida, polo cal fai fronteira con Cuba e Bahamas.

Florida foi inicialmente explorada e colonizada por España. Os españois descubriron Florida na estación da Pascua, que se chama Pascua Florida en castelán, de aí o nome do estado. Florida foi controlada polos españois ata 1819, cando foi anexionada polos Estados Unidos.

Historia Anteriormente á exploración e colonización europea, os nativos indíxenas como os calusa e os tequesta xa vivían na rexión, tendo habitado a rexión por varios milleiros de anos. Adicábanse á pesca e maila caza. Os apechee facían uso da agricultura para alimentación.

O primeiro europeo en explorar a rexión foi Ponce de León, que desembarcou en Florida en 1513, algúns días despois do Venres Santo. Algúns historiadores din que León procuraba unha suposta "fonte da xuventude", nunha illa chamada Bimini, que supostamente estaría localizada ao norte de Cuba. León inmediatamente reivindicou as terras en nome da Coroa española, e nomeou a rexión como La Florida, en honra á Pascua Florida. El inmediatamente volveu para a España. A corte española enviou a León novamente á Florida para iniciar a colonización da rexión, mais morreu nunha batalla contra nativos calusas.

Posteriormente, en 1528, o español Pánfilo de Narváez liderou unha expedición, composta por algunhas centenas de soldados, no sur de Florida. Narváez procuraba riquezas, tales como metais preciosos. Mais as loitas constantes contra nativos indíxenas, doenzas, fame e tempestades finalmente mataron todos os membros da expedición. En 1539, o español Hernando de Soto desembarcou na actual Baía de Tampa e, desde alí, liderou unha expedición polo sur dos Estados Unidos, sendo o primeiro europeo en chegar ao río Mississippi en 1541.

250px|dereita|miniatura|Vista das cinco bandeiras que están alzadas en St. Augustine -o asentamento europeo nos Estados Unidos continental máis antigo da historia do país- desde 1865: A bandeira dos Estados Unidos de América, a bandeira dos Estados Confederados de América, a bandeira da España, a bandeira do Reino Unido e a Cruz de Burgundia, símbolo real do Rei de Filipe I de Castela.

Os españois pasaron a iniciar seriamente a colonización de Florida en torno á década de 1560, ao saberen que franceses protestantes (chamados de hugonotes) fundaran un asentamento próximo á actual Jacksonville. Soldados españois liderados polo capitán Pedro Hernández de Avilés fundaron un asentamento chamado Santo Augustine, o primeiro asentamento europeo permanente no actual territorio dos Estados Unidos de América. Os españois destruíron as forzas francesas, e os colonos franceses remanecestes foron obrigados a recuar.

Nos próximos 200 anos os españois colonizaron escasamente a rexión, facéndoo só por mor da súa localización estratéxica e como fonte de materias primas básicas para España e mailas súas colonias, unha vez que non dispuña de riquezas cobizadas polos españois. Estes tentarían tamén asimilar os nativos indíxenas á cultura europea. Os franceses continuarían a colonizar terras á oeste de Florida, a través da colonia de Luisiana, entón parte da Nova Francia. Mentres tanto, os ingleses e as súas 13 colonias prosperaban e medraban, logo ao norte de Florida e á leste da Nova Francia. Co comezo da guerra franco-indíxena, a mediados da década de 1750, entre os franceses e os británicos, España decidiu aliarse con Francia. Porén, en 1762, os ingleses tomaron Cuba, que entón, prosperaba como unha gran produtora de cana de azucre. No ano seguinte, co fin da guerra, os españois, no Tratado de París, decidiron ceder Florida para retomar o control de Cuba.

1763 - 1845 O control británico sobre Florida durou 20 anos. Eles dividiron a colonia en dúas, unha chamada Florida Occidental e outra Florida Oriental. Coa Revolución Americana de 1776, os españois aliáronse cos colonos rebeldes contra o Reino Unido. Os españois invadiron Florida Occidental en 1781, e o Reino Unido cedeu toda Florida para a España dous anos despois, ao fin da guerra.

Porén, as relacións entre a España e os recentemente formados Estados Unidos de América logo se deterioraron. Varios asentadores norteamericanos, ben legal ou ilegalmente, pasaron a colonizar a rexión nordeste de Florida. Unha rebelión destes asentadores no 1812 foi extinguida polos españois. No mesmo ano comezou a guerra anglo-americana, entre os Estados Unidos e a Inglaterra. A España ficou neutral durante a guerra, mais permitiu aos británicos o uso do porto de Pensacola, en Florida, o que enfureceu a opinión pública norteamericana. Despois do fin da guerra, os Estados Unidos invadiron Florida dúas veces, a primeira vez en 1814 e a segunda, na primeira guerra de seminole. Polos termos do Tratado de Adams-Onis, realizada en 1819, a España cedía Florida aos Estados Unidos. Moitas persoas pensan erroneamente que os Estados Unidos compraron Florida. De feito, o goberno norteamericano pagou 5 millóns de dólares, mais non ao goberno español, e si, para cidadáns norteamericanos que tiveran propiedades damnificadas por causa da guerra.

Florida pasou oficialmente ao control norteamericano en 1821, tornándose un territorio dos Estados Unidos de América. No ano seguinte, o Congreso norteamericano criou oficialmente o Territorio de Florida, e William Dval tornouse o primeiro gobernador de Florida. Rapidamente, millares de asentadores comezaron a instalarse na rexión, grazas ás súas óptimas condicións climáticas e ao seu chan fértil, que permitía a cultivo de varios produtos agrícolas difíciles de cultivarse noutros estados, tales como algodón, por exemplo, onde escravos facían todo o traballo pesado. A economía do territorio prosperou.

Este rápido asentamento norteamericano encontrou eventualmente un obstáculo: os nativos indíxenas. Os nativos seminole vivían nas áreas cuxo solo era o máis fértil do país. O goberno norteamericano ofreceu aos seminole terras localizadas á oeste do río Mississippi, e algúns aceptaron a oferta do goberno norteamericano, mentres outros recusaron saír da rexión, desencadeando así a segunda guerra de seminole, que ocorreu entre 1835 a 1842, cando os seminoles foron derrotados e forzados a se mudaren para reservas indíxenas nos remotos territorios do oeste norteamericano. Algúns destes indíxenas conseguiron escapar, fuxindo polos pantanos da rexión, continuando a morar no territorio, desta vez, segregados en cidades.

En 1839 Florida pediu ao Congreso norteamericano que fose elevado ao rango de estado, como un estado escravista. A Unión, querendo un equilibrio entre o número de estados abolicionistas e de estados escravistas, esperou ata 3 de marzo de 1845, cando Florida se converteu oficialmente nun estado dos Estados Unidos de América. Ao ano seguinte, Iowa tamén foi elevado á categoría de estado, como un estado abolicionista.

1845 - 1870 En 1860 foi elixido presidente dos Estados Unidos de América o abolicionista Abraham Lincoln. Florida e outros estados escravistas, cuxas economías dependían do traballo escravo, decidiron saír da Unión e formar un novo país, os Estados Confederados de América. O 10 de xaneiro de 1861, Florida anunciou oficialmente a súa secesión da Unión, logo xuntándose á Confederación. A Guerra de Secesión axiña comezaría.

Florida, gran produtora de algodón, era unha das principais fontes de renda da Confederación, pois as industrias téxtiles de varios países europeos como a Francia e a Inglaterra dependían do algodón norteamericano, e a gran maioría deste era producido en Florida. Porén, a Unión efectuou un inmediato bloqueo por mar do estado, así impedindo a calquera embarcación de ir ou saír de augas pertencentes á Confederación. Alén diso, a través de sucesivas invasións por mar, a Unión tomou o control de varias cidades costeiras de Florida e dos seus centros portuarios. Porén, o interior de Florida aínda permanecería baixo control confederado, especialmente despois da Batalla de Olustee, realizada en 20 de febreiro de 1864, sendo a única gran batalla da guerra realizada no estado, onde tropas confederadas tiveran vitoria contra forzas unionistas. Na Batalla de Natural Bridge, os confederados conseguiron defender con suceso a capital do estado, Tallahassee. Esta e Austin, a capital do Texas, foron as únicas capitais de estado confederado que non foron capturadas pola Unión ata o fin da guerra.

Despois do fin da guerra, en xuño de 1865, todos os estados da confederación, incluíndo Florida, foron ocupadas por forzas norteamericanas, baixo a categoría de estados. Florida, para ser readmitida novamente como estado da Unión, aboliu oficialmente a escravitude, en 1866, e en 1868, o goberno de Florida garantiu dereitos civís a todos cidadáns, así sendo readmitida á Unión no mesmo ano.

1870 - 1950 As décadas de 1880 e 1890 foron de gran prosperidade para Florida; descubríronse grandes depósitos de fosfato, parte dos grandes pantanos localizados no estado foron drenados (aínda que moitos continúen intactos ata hoxe) e unha gran malla ferroviaria foi construída ao longo do estado. Alén diso, varios facendeiros da rexión notaron que as condicións climáticas e do solo da rexión favorecían o cultivo da laranxa, entón unha froita cuxa demanda estaba en crecemento no país. A laranxa foi cultivada en grandes números, a tal punto que o estado foi ao longo da primeira metade do século XX a maior produtora de laranxa do mundo. Alén diso, o clima suave e a xeografía da rexión, con varias praias, atraeu favoreceu o crecemento do turismo, e escomezáronse a construír gran cantidade de hoteis. O estado tornouse un dos principais pólos turísticos do país.

En 1906, os pantanos en torno de Fort Lauderdale foron drenados, dando espazo para o cultivo de plantacións e a expansión da cidade, especialmente a construción de hoteis. O sector inmobiliario do estado, considerado unha máquina de xerar diñeiro no país, atraeu varios investidores inmobiliarios, aínda na década de 1900. A poboación do estado medrou drasticamente nas próximas dúas décadas.

Este período de gran desenvolvemento económico acabou repentinamente en 1926. Unha gran depresión económica atinxiu o estado, causando caída de empresas e desemprego. No mesmo ano e en 1928, dous furacáns alcanzaron o estado, matando varias centenas de persoas. A pesar de que a economía do estado se recuperara parcialmente de 1926 a 1928, en 1929, a Gran Depresión colleu en cheo todo o país, quebrando a xa fráxil e debilitada economía do estado. Varias medidas tomadas a nivel federal, gobernamental, municipal e privado axudaron a combater os efectos das depresións económicas. Foron construídas fábricas de papel e á delimitación de reservas forestais. O estado e o país proveron centenas de postos de traballo nos sectores de construción e de minas, e axudaron os facendeiros a pagaren as súas débedas. A economía do estado recuperarase en gran parte en 1942, cando os Estados Unidos entraron oficialmente na segunda guerra mundial, mesmo coa ocorrencia de dous grandes furacáns que devastaron moito do estado en 1935 e en 1941.

Ao longo da segunda guerra mundial, Florida, pola súa localización próxima ao Canal do Panamá e do océano Atlántico, tornou o estado vital, de grande importancia estratéxica, para a defensa do Hemisferio Occidental. Varias bases aéreas, navais e terrestres foron construídas no estado.

1950 - 1970 dereita|miniatura|A localización meridional do estado propicia o lanzamento de foguetes. Aquí, lanzamento do transbordador espacial Discovery.