Paul é un filme de ficción científica e de comedia dirixido por Greg Mottola, escrito e protagonizado por Simon Pegg e Nick Frost, e coa voz de Seth Rogen como Paul. O filme ten numerosas referencias a outros filmes de ficción científica, especialmente ós de Steven Spielberg.
Sinopse Aventuras de dous amigos ingleses que viaxan ata o Comic Con, e deciden facer unha ruta en caravana polos lugares máis famosos dos Estados Unidos onde se produciron avistamentos de ovnis, incluída a famosa Área 51. No seu camiño atopan un pequeno alieníxena chamado Paul que necesita que lle presten axuda para escapar do Goberno, e tamén para atopar o camiño de volta ó seu fogar.
Personaxes Simon Pegg como Graeme Willy Nick Frost como Clive Gollings Seth Rogen como Paul Kristen Wiig como Ruth Buggs Jason Bateman como Axente Especial Lorenzo Zoil Bill Hader como Axente Haggard Joe Lo Truglio como O'Reilly Jane Lynch como Pat Stevenson Sigourney Weaver como "The Big Guy" Blythe Danner como Tara Walton Mia Stallard como Moza Tara Walton John Carroll Lynch como Moses Buggs David Koechner como Gus Jesse Plemons como Jake Jeffrey Tambor como Adam Shadowchild Luke Jackson como Ford Paula LaBaredas como Princesa Leia Justin Reed como Convidado ó Comic-Con Brett Jones como Keith Nash
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Web oficial Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes de ciencia ficción e aventuras dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes de Relativity Media Categoría:Filmes rodados en Novo México Categoría:Filmes ambientados en 1947 Categoría:Filmes ambientados en 2011 Categoría:Filmes de Working Title Films Categoría:Filmes producidos por Eric Fellner Categoría:Filmes producidos por Tim Bevan Categoría:Filmes sobre extraterrestres