Domingos Dosil Cubelo, nado en Muros en setembro de 1943 e finado en Santiago de Compostela o 6 de febreiro de 2012, foi un líder do movemento asociacionista e político galego que foi alcalde de Muros dende 2007 ata o 2011, polo BNG.
Traxectoria
Mariñeiro da mercante, aos 18 anos tivo un accidente mentres se bañaba na praia, que o deixou tetrapléxico. Despois de varios meses de rehabilitación, estudou para técnico de radio e en 1982 participou na fundación de ADIBISMUR, a Asociación de Discapacitados da Bisbarra de Muros. En 1984 pasou a ser o seu presidente e en 1991 fundou COGAMI (Confederación Galega de persoas con Discapacidade), da que foi presidente ata 2007. Foi vogal de COCEMFE (o organismo español equivalente) así como presidente do Comité Español de Representantes de Minusválidos (CERMI) en Galicia.
Deu o salto á política en 2007 ao encabezar a lista electoral do BNG polo concello de Muros nas eleccións municipais de 2007.
Accedeu á alcaldía tras un polémico pacto co PP, cando a dirección do BNG dera a orde de darlle o seu apoio ó PSdeG-PSOE de Caridad González Cerviño que non tiña maioría absoluta. En decembro de 2010 perdeu as eleccións primarias do BNG de Muros ante María Xosé Alfonso, polo que non puido presentarse ás eleccións de 2011. Desta forma o 11 de xuño de 2011 foi substituído pola socialista Caridad González.
Galardóns Medalla de Prata de Galicia en 2002.
Vida persoal Solteiro e sen fillos, faleceu como consecuencia de cancro. Foi incinerado e soterrado en Muros.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Muros
Categoría:Alcaldes de Muros Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Medalla de Prata de Galicia Categoría:Nados en Muros Categoría:Discapacidade Categoría:Nados en 1943 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes