Regreso ó futuro II (en ) é un filme estadounidense dirixido por Robert Zemeckis que se estreou en 1989. Segunda parte da triloxía precedida por Back to the Future e seguida en Back to the Future Part III.

Foi estreado en galego pola Televisión de Galicia o 3 de maio de 1999.La Voz de Galicia, 3 de maio de 1999. Páx. 79

Sinopse Aínda que a Marty McFly aínda lle falte tempo para asimilar o feito de estar vivindo dentro da familia perfecta grazas á súa anterior viaxe no tempo, o seu amigo Doc aparece de improviso co DeLorean máquina do tempo (moito máis modernizado), e insta a que o acompañen el e súa moza Jennifer a viaxar ó futuro para solucionar un problema coa lei que terá un dos seus futuros fillos. No tremendo vórtice futurista do Hill Valley de 2015, a presenza de tales viaxeiros temporais causará un efecto maior que o que ían arranxar. Un almanaque deportivo e a posesión do segredo da existencia da máquina do tempo por parte do sempre vilán Biff Tannen, serán os ingredientes que conxugarán unha causa-efecto no pasado, no presente e no propio futuro, que fará que Marty e Doc se teñan que empregar a fondo para poñer fin ás catástrofes.

Personaxes Michael J. Fox como Marty McFly/Marty McFly Jr./Marlene McFly Christopher Lloyd como Dr. Emmett Brown Thomas F. Wilson como Biff Tannen/Griff Tannen Lea Thompson como Lorraine Baines-McFly Elisabeth Shue como Jennifer Parker James Tolkan como Mr. Strickland Jeffrey Weissman como George McFly Crispin Glover como George McFly (imaxes de arquivo) Flea como Douglas J. Needles

Galardóns e nomeamentos 1989: Nomeada ó Oscar: Mellores efectos visuais.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha en BoxOfficeMojo  Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1989 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Robert Zemeckis Categoría:Filmes de Amblin Entertainment Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes de comedia adolescente dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de ciencia ficción e aventuras dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de científicos tolos Categoría:Filmes de viaxes no tempo Categoría:Filmes ambientados en 1955 Categoría:Filmes ambientados en 1985 Categoría:Filmes ambientados en 2015 Categoría:Filmes de historia alternativa dos Estados Unidos de América Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 1989 con versión en galego