Ventura Miguel Marcó del Pont Ángel Díaz Méndez, nado en Vigo o 15 de novembro de 1768 e finado en Puerto Real, Cádiz, o 28 de decembro de 1836, foi un comerciante galego, tesoureiro do Vicerreinado do Río da Prata.
Traxectoria Fillo de Buenaventura Marcó del Pont e de Juana Ángel Díaz Méndez. Emigrou a Bos Aires na década de 1790 onde estableceu un exitoso negocio. Membro do consulado español (est. 1794), do Consello Municipal ou Cabido (1797) e do Real Consulado de Comercio (1803), foi comisario do Real Caixa de consolidación, relacionado co vicerrei para a recadación de impostos no Río da Prata. En 1807 prestou ao Cabido máis de 12.000 pesos para compensar as perdas causadas polas invasións inglesas.
Véxase tamén Outros artigos Francisco Casimiro Marcó del Pont (irmán)
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Nados en 1768 Categoría:Finados en 1836 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos