Euphoria Morning é o primeiro álbum en solitario do músico estadounidense Chris Cornell, editado o 21 de setembro de 1999 a través do selo Interscope Records. Euphoria Morning vendeu ao redor das 75.000 copias na súa primeira semana e chegou a vender 343.000 copias só nos Estados Unidos. A pesar de ter moi boas críticas, o álbum non vendeu tan ben como os discos de Cornell con Soundgarden. Trátase do único álbum que lanzou Cornell entre a separación de Soundgarden e a creación do supergrupo Audioslave con membros de Rage Against the Machine.

Listaxe de cancións

"Can't Change Me" (Versión francesa) tamén aparece en versións internacionais. "Can't Change Me" (Versión francesa) e a outra cara b "Nowhere But You" tamén están no sinxelo "Can't Change Me".

Categoría:Álbums de Chris Cornell Categoría:Álbums musicais de 1999