Goran Đorović (Гopaн Ђopoвић, en alfabeto cirílico serbio), nado en Pristina o 11 de novembro de 1971, é un exfutbolista serbio. Xogaba de defensa central e foi internacional coa selección iugoslava.
Traxectoria Formado nas categorías inferiores do FK Pristina, no ano 1993 pasaría a formar parte do Estrela Vermella de Belgrado, equipo no que xogaría ata o ano 1997 cando ficharía polo Celta de Vigo.
Durante os seus anos en Vigo demostraría ser un defensa de garantías e con certa elegancia na saída do balón. Pese os catro anos en Vigo xogando a bo nivel no 2001 sairía pola porta de atrás rumbo o Deportivo da Coruña. Equipo no que non chegou a ter continuidade debido as lesións, especialmente na segunda e última temporada na que só xogaría un partido sendo cedido por un ano ao Elche CF retirándose do fútbol profesional o rematar esa temporada.
Djorovic debutou coa Selección de fútbol de Iugoslavia o 23 de decembro de 1994, ante a selección de fútbol do Brasil en Porto Alegre. Chegando a disputar 46 partidos co combinado nacional, participando no Mundial de Fútbol Francia 1998 e a Eurocopa de Fútbol Bélxica/Países Baixos 2000.
Palmarés Celta Copa Intertoto da UEFA: 2000
Deportivo Copa do Rei: 2001–02 Supercopa de España: 2002
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com
Categoría:Nados en 1971 Categoría:Nados en Pristina Categoría:Futbolistas de Serbia Categoría:Futbolistas de Iugoslavia Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do FK Priština Categoría:Xogadores do Estrela Vermella de Belgrado Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Elche CF Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Iugoslavia Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Serbia