David Rodríguez Estévez, nado en Manzaneda en 1978, é un músico e político galego de En Marea.
Traxectoria Operario do servizo de prevención e extinción de incendios, empezou a militar en Galiza Nova aos 18 anos, ao mesmo tempo que entraba na banda Cuchufellos. Formou parte das lista do BNG en 2007 como número dous, e chegou á alcaldía en outubro de 2009 trala dimisión por enfermidade do anterior alcalde nacionalista, Xosé Antonio Núñez Domínguez, co apoio do PSdeG-PSOE. En 2011 encabezou a lista electoral do BNG e foi reelixido alcalde cun 45% dos votos e maioría absoluta.
Trala marcha de Encontro Irmandiño do BNG en febreiro de 2012, abandonou xunto con todo o seu grupo de goberno a fronte nacionalistaEl alcalde de Manzaneda y su gobierno abandonan el BNG, pero preservan la mayoría para seguir como independientes, pasando a formar parte de Anova-Irmandade Nacionalista trala súa constitución como partido en xullo de 2012. Nas eleccións municipais do 2015 encabezou a candidatura de Anova e volveu obter a alcaldía cunha ampla maioría absolutaDavid Rodríguez: "En vez de crear actividade agraria, as administracións poñen trabas" . Nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 foi elixido deputado por En Marea, polo cal renunciou á alcaldía no mes de setembro.O alcalde de Manzaneda terá que dimitir para ir nas listas de En Marea por Ourense Mantívose como deputado ata as Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020. Abandonou a primeira liña tras apoiar o líder de En Marea, Luís Villares, nos seus enfrontamentos contra o resto de partidos que levaron á ruptura da formación. Foi un dos deputados que acompañaron a Villares no seu paso ao grupo mixto en xuño de 2019.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Manzaneda
Ligazóns externas David Rodríguez, bombero, alcalde y guitarrista en El País. Ficha no Parlamento de Galicia
Categoría:Alcaldes de Manzaneda Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia por En Marea Categoría:Nados en Manzaneda Categoría:Nados en 1978 Categoría:Deputados da X Lexislatura do Parlamento de Galicia