Ferran Torrent i Llorca, nado en Sedaví (València) o 31 de maio de 1951, é un xornalista e escritor na variante valenciana da lingua catalá.

Traxectoria Logo de estudar nun colexio xesuíta, comezou a carreira de Dereito, que non rematou. Antes de vivir da literatura, traballou en diversos oficios como vendedor e comercial.

Colabora os sábados e domingos no programa de radio La Primera Pedra de RAC1, amais de escribir columnas e artigos para prensa como El País, La Vanguardia o El Temps.

Obra Iniciouse coa novela La gola del llop (1983), escrita xunto a Josep Lluís Seguí co pseudónimo de Pere Lavaca.

Acadou éxito de público coa serie de novela negra (o xénero no que máis publicou) protagonizada polo periodista e ex-boxeador Hèctor Barrera e o detective Butxana.

La mirada del tafur (1997) desenvólvese na época final do franquismo, nunha cafetería na que se organizan timbas de póquer. L'illa de l'holandés (1999) presenta un escritor e profesor universitario marxista deportado nunha illa da costa mediterránea.

La gola del llop (1983, xunto a Josep Lluís Seguí). No emprenyeu el comissari (1984). Penja els guants, Butxana! (1985). Un negre amb un saxo (1987). Cavall i rei. Barcelona (1989). L'any de l'embotit (1992). Gràcies per la propina (1994; Premi Sant Jordi). Tocant València. Altea (1995). La mirada del tafur (1997). Semental, estimat Butxana (1997, con Xavier Moret). L'illa de l'holandès (1999). Living l'Havana (1999). Cambres d'acer inoxidable (2000). Societat limitada (2002). Espècies protegides (2004). La vida en el abismo (2004). Judici final (2006). L'any de l'embotit (2007). Només socis (2008). Bulevard dels francesos (2010).

Escribiu dúas obras de teatro xunto a Carles Alberola: O tu o res (1991) e Nit i dia (1993).

Varias das súas obras foron traducidas ao castelán e ao francés, e tres delas (Un negre amb un saxo, Gràcies per la propina e L'illa de l'holandés) foron levadas ao cinema.

Véxase tamén

Ligazóns externas Web oficial de Ferran Torrent

Categoría:Escritores da Comunidade Valenciana Categoría:Escritores en lingua catalá Categoría:Nados en Sedaví Categoría:Nados en 1951