V, os visitantes é unha serie estadounidense de ficción científica exhibida no canal ABC, estreada no 3 de novembro de 2009. En Galiza foi emitida en galego pola Televisión de Galicia. Este remake da serie de 1983 creada por Kenneth Johnson narra a chegada á Terra dunha especie alieníxena cunha tecnoloxía extremadamente avanzada que aparentemente vén en paz, pero en realidade teñen outros propósitos. As estrelas de V inclúen a Morena Baccarin, Lourdes Benedicto, Morris Chestnut, Joel Gretsch, Logan Huffman, Charles Mesure, Elizabeth Mitchell, Laura Vandervoort e Scott Wolf, e está producida por Scott Rosenbaum, Yves Simoneau, Scott Peters e Jace Hall. A serie é producida pola The Scott Peters Company, HDFilms e Warner Bros.. A segunda temporada estreouse o día 4 de xaneiro de 2011 e rematouse o 15 de marzo de 2011. O 13 de maio de 2011 anunciouse que a serie era cancelaba após dúas temporadas.

Sinopse

Ocorre a aparición de naves xigantes nas 29 principais cidades de todo o mundo e Anna, a bonita e carismática líder dos "Visitantes" ou "V's", afirma vir en paz. A pesar de seren aparentemente benevolentes, un pequeno número de seres humanos comezan a dubidar da sinceridade dos Visitantes, e Erica Evans descobre que os alieníxenas agora están na fase final do seu plano para conquistar a Terra. Érica xúntase ao movemento de resistencia, denominado Quinta Columna, que inclúe Ryan, un Visitante que quere salvar a humanidade.

Elenco e personaxes

Elenco principal Elizabeth Mitchell como Erica Evans – unha axente do FBI contra o terrorismo que se torna membro e, eventualmente, líder da Quinta Columna. Morris Chestnut como Ryan Nichols – un Visitante que quería ser humano e que vén tentando, xunto coa Quinta Columna, acabar cos planos insidiosos dos Visitantes. Joel Gretsch como Padre Jack Landry – un padre, cuxo malestar cos Visitantes logo é validado pola súa alianza con Erica sobre a súa descuberta maligna dos Visitantes. Logan Huffman como Tyler Evans – adolescente fillo de Erica, que se torna un embaixador da paz e ten interese amoroso por Lisa. Lourdes Benedicto como Valerie Stevens (temporada 1) – a noiva de Ryan, que inicialmente non ten coñecemento da súa natureza alieníxena. Laura Vandervoort como Lisa – unha visitante bonita e con interese amoroso por Tyler. Ela é filla da comandante Anna. Charles Mesure como Kyle Hobbes (participacións na temporada 1 e personaxe regular na temporada 2) – un ex-membro da SAS británica e actualmente mercenario. Está no topo da lista de procurados de diversas forzas policiais e únese á Quinta Columna. Morena Baccarin como Anna – a manipuladora líder dos Visitantes e nai de Lisa. Scott Wolf como Chad Decker – un áncora dun xornal preso entre a súa ética xornalística e a súa ambición, cando o seu acceso exclusivo a Anna ten un prezo.

Elenco de apoio

Christopher Shyer como Marcus – brazo dereito da comandante Anna, sempre aparece nos momentos difíciles. Mark Hildreth como Joshua – médico encargado do equipo médico dos V's. Aparenta ser leal a Anna, mais na verdade é un dos membros da Quinta Columna. David Richmond-Peck como Georgie Sutton (Temporada 1) – amigo de Ryan e un dos membros orixinais da Quinta Columna. Busca vinganza contra os Visitantes por teren matado a súa familia cando descubriu o obxectivo deles. Roark Critchlow como Paul Kendrick – superior de Erica na unidade de contraterrorismo do FBI Rekha Sharma como a axente Sarita Malik – unha axente do FBI que se revela Visitante e envía informacións para Anna. Scott Hylands como Padre Travis - un ancián sacerdote que vive na mesma igrexa onde o padre Jack traballa. Lexa Doig como Dr. Leah Pearlman - un médico V. Jane Badler como Diana (Temporada 2) - a nai de Anna, que está sendo mantida prisioneira na nave-nai dos visitantes. Bret Harrison como Sidney Miller (Temporada 2) - biólogo evolucionista, un home que axuda Erica a descubrir porque o ceo ficou vermello. Oded Fehr como Eli Cohn (Temporada 2) - un exaxente da Mossad e o líder dunha célula radical da Quinta Columna. Jay Karnes como Chris Bolling (Temporada 2) - recentemente atribuída parceira de Erica no FBI, que se adestrou con ela en Quantico. Comeza a sospeitar que Erica pode ter lealdades divididas cando se trata da súa dedicación á Quinta Columna. Marc Singer como Lars Tremont (Temporada 2) - un membro dunha organización ultrasecreta de militares de alta gradación e líder do goberno que se está a preparar para un ataque visitante.

Dobraxe

Esta é a lista de actores que puxeron a súa voz na dobraxe ao galego.

Elizabeth Mitchell (Erica Evans): Ana Lemos Morena Baccarin (Anna): Marián Muíño Logan Huffman (Tyler Evans): Gaspar Somoza Lourdes Benedicto (Valerie Stevens): Charo Pena Morris Chestnut (Ryan Nichols): Gonzalo Faílde Scott Wolf (Chad Decker): Óscar Fernández Joel Gretsch (Padre Jack Landry): Manuel Pombal Laura Vandervoort (Lisa): Montse Davila

Episodios

Artigo principal: Lista de episodios de V, os visitantes

Produción 250px|miniatura|esquerda|O equipo na Convención Internacional de Banda Deseñada de San Diego en 2010 (da esquerda para a dereita: Logan, Elizabeth e Morena). A serie foi anunciada en maio de 2009, pola produción executiva Scott Peters, Jace Hall, Steve Pearlman, e Jeffrey Bell. As filmaxes do piloto comezaron no 10 de agosto de 2009. A actriz principal, Elizabeth Mitchell, notou que o show iría relembrar os momentos máis emblemáticos da franquía orixinal.

Peter confirmou que a nova serie iría relembrar a orixinal tamén doutras maneiras. Dixo que ao preguntar ás persoas cales pensan que eran os elementos máis memorábeis da serie V, as respostas incluían "as naves enormes, os uniformes vermellos e o bebés alieníxenas" engadindo que "estamos ben conscientes deses momentos e habemos de relembralos para o público que asistiu a serie nos anos 1983, 1984 e 1985."

A produción do espectáculo foi temporalmente suspensa en agosto de 2009, en canto se agardaba a resolución dun conflito co Writers Guild of America polo creador orixinal Kenneth Johnson. A Warner Bros tentou eliminar o status de Johnson "creado por" alegando que o novo show estaba tan alterado fundamentalmente da premisa orixinal de Johnson que se trataba dun traballo autónomo e non un remake. O Writers Guild, mentres, discordou, e cando a produción é retomada en setembro de 2009, Johnson mantivo o crédito.

En setembro de 2009, foi anunciado que catro episodios de V irían ao ar en novembro de 2009, e que a serie iría retomar a súa temporada de 12 episodios de marzo de 2010, após os Xogos Olímpicos de Inverno de 2010. O presidente da ABC Entertainment, Steve McPherson dixo: "Nós sempre tivemos a intención de quebrar a aparecer en "pods" para tornalo máis dun evento." O cuarto episodio de V foi anunciado no 3 de novembro de 2009 que Scott Rosenbaum fora nomeado produtor executivo e showrunner da serie, con Peters e Hall permanecendo como produtores executivos. A produción dos restantes oito episodios foi retomada en xaneiro de 2010 con novos episodios retornando en 30 de marzo de 2010. No 13 de maio de 2010, a ABC renovou V para unha segunda temporada. A segunda temporada tivo unha orde reducida con 10 episodios (inicialmente 13), e estreouse no 4 de xaneiro de 2011 .

Recepción miniatura|dereita|Gráfico dos Estados Unidos en que se visualiza datos da primeira temporada de V. O episodio piloto de V rendeu diversas críticas favorábeis, marcando 67 dos 100 puntos no Metacritic. O E! Online afirmou: "nunha escala de 1 a 10, nós dámoslle un 11. V é o mellor piloto que xa vimos." O The Hollywood Reporter tamén comentou a serie: "intelixente o bastante para un culto que segue accesíbel o suficiente para chegar a unha demostración ampla." O The New York Times escribiu que: "as ideas en V, sobre encontros con extraterrestres, desilusión en masa e manipulación dos medios de comunicación, son atraentes. É unha pena que estean a abalar nese programa e que, nesa fase inicial, presenten a historia de maneira tan descoidada e estereotipada."

A estrea da segunda temporada recibiu unha puntuación de 49/100 no Metacritic, indicando críticas mistas .

Premios e indicacións 220px|miniatura|esquerda|Morena Baccarin destacou na serie. V foi nomeada para Mellor Efectos Visuais e Especiais para unha serie en 2010 no Creative Arts Emmy Awards para o episodio piloto. O show tamén foi nomeado para o Favorite New TV Drama no 36º People's Choice Awards e de Mellor Presentación de Televisión. Morena Baccarin foi nomeada para Mellor Actriz Secundaria en TV no 36º Saturn Awards. No 37º Saturn Awards, a serie recibiu tres indicacións: Mellor Serie de TV, (Elizabeth Mitchell) Mellor Actriz en Televisión e Morena Baccarin na categoría Mellor Actriz Secundaria na Televisión.

Interpretación A serie reimaxinada foi interpretada como unha alegoría da presidencia de Barack Obama. Na súa revisión do show, Troy Patterson do Slate apunta que blogueiros e xornalistas notaran semellanzas entre a premisa do espectáculo e da administración do presidente dos EUA, Barack Obama. Lisa de Moraes, do The Washington Post observou que o feito de a serie se estrear no primeiro aniversario da elección de Obama "non se perdeu en algúns críticos de TV ..." e tamén comentou que o uso de frases presentes na serie (como a "esperanza" e "mudanza" que están a ser ofrecidos polos Visitantes) fixo parecer que "Lou Dobbs conquistara a TV."

O elenco do espectáculo e do equipo negan as acusacións de parcialidade. A actriz Morena Baccarin recoñece que modelara a súa personaxe despois de observar políticos, mais tanto ela como o produtor executivo da serie, Peter, sorprendéronse coa controversia.

Cancelación No 13 de maio de 2011, a ABC anunciou a cancelación da serie. En resposta a esta cancelación, o grupo de fans devotos chamado "Project Alice" está a apelar á Warner Brothers para renovar V nun outro canal.

Segundo o Deadline, os índices de audiencia da serie eran medianos, mais despois dunha reestrea problemática a serie creceu creativamente e conseguiu facer un fin de temporada — agora “episodio final” — que deixou os fans con auga na boca.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial . Pácina no SBT . V, os visitantes na web da CRTVG. V, os visitantes na Internet Movie Database. V, os visitantes en TV.com.

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2009 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2011 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión de ficción científica Categoría:Series de televisión con versión galega