Xosé Manuel (ou Xosé Manoel) Conde, nado en Cádiz en 1950 é un músico, autor e actor teatral galego. Así mesmo ten experiencia na dirección teatral e na redacción de guións para radio e televisión.

Traxectoria Comeza en Cádiz a unha idade temperá a traballar no grupo local de teatro Arlequín Pequeño Teatro. É no ano 1973 cando se traslada a Vigo onde continúa ligado ao teatro como actor en distintos grupos teatrais, ao tempo que comeza a escribir obras teatrais.

A raíz de colaborar nunha obra de teatro musical, comeza a súa andaina musical e así a finais dos anos setenta grava un par de LP´s que teñen certa repercusión dentro do panorama musical galego. A canción Xa non sei do seu primeiro disco Bule, berra, chora tivo moita repercusión a nivel galego. A pesar de non ter gravado máis discos, segue a traballar na composición musical facendo bandas sonoras para algunhas das súas obras teatrais. A súa experiencia como actor teatral sérvelle para intervir en varias películas e series de televisión.

Foi profesor de teatro na Universidade Popular de Vigo e na Escola de Maxisterio de Vigo.

Traballos Actor teatral Grupo de Teatro Arlequín Pequeño Teatro (1968-1972). Calígula de Albert Camus (actor principal). Casanova (actor principal). A Peste. Séneca (Principal). Don Juan Tenorio (Farsa). Pasos de Juan de Buenalma de Lope de Rueda. El Caraqueño. Mi Guerra etc. Grupo de Teatro Esperpento de Vigo (1973-1975). La Farsa de Bululú. El Vendedor de J.A. Perozo. Xerfa Teatro (1977) (dirección). Oratorio. T.B.O. Teatro (infantil, 1979-1983, coautor e codirección). A Tempestade. A Fraga (danza e dramaturxia). O Pescador de Baleas (mimo e danza). Náufragos. Fulano, Mengano e Citano (1994-2006). Feito en Galiza. Cheiro de Estrelas I. Cheiro de Estrelas II. Shsss…Calma!! O Faro. Arte (Yasmina Reza). Chicho e a Santa Compaña. Lambríaca Produccións,S.L. (2007-2009). Chicho e a Santa Compaña. (ETTS) Estes Terrestres Teñen Stress. Benito Bienvenido “O Casting”. Benito de Cruceiro. Os CloCló. Karaoke.

Autor dramático teatral Colón (1965). Una Muerte estúpida (1966). Extraños (1967). El Subconsciente (1968). Feito en Galicia (1994). Cheiro de Estrelas I (1996). Cheiro de Estrelas II (1999). Shsss, Calma! (2003). O Faro (2005). Arte de Yasmina Reza (adaptación ao galego). Chicho e a Santa Compaña. O Testamento. Arquitectura. (ETTS) Estes Terrestres Teñen Stress. A Herdanza. Benito de Cruceiro. Karaoke.

Guionista de televisión Guionista e actor principal da serie de TVE, Trapouso (1978) Co-guionista e actor principal (Profesor Lampantín) da serie da TVG. O campo de atrás (1988) Guionista de radio Co-guionista e colaborador en distintos programas da COPE xunto con Víctor F. Freixanes entre os que destacou o programa Galiza Homes e Terra. Guionista e colaborador en varios programas da emisora Radio Noroeste e Radio Popular. Música: Como compositor, cantautor e produtor Dous discos gravados como cantautor: Bule, Berra, Chora e A nosa Música Un disco co Grupo Castaña. Un disco co Grupo O Muíño. Produtor do grupo Cuarto Creciente.

Bandas sonoras Teatrais Quinto centenario Cheiro de Estrelas I Cheiro de Estrelas II Shss…Calma! O faro Chicho e a Santa Compaña Benito Bienvenido “O Casting” Benito de Cruceiro Karaoke Actor de televisión El Hotel de los Lios, con Lina Morgan (secundario, 1994)

Tamén participou nalgúns episodios das series da TVG: Pratos combinados. Rías Baixas. Avenida de América

Actor de cine Huídos (secundario, 1992) La Barbería (principal) Curtametraxe de García Pinal (1993) La Leyenda de la Doncella (secundario) de J. Pinzás(1995) La Ley de la Frontera (actor secundario) de Aristarain(1995) El Rey del Río (actor secundario) de G. Aragón.(1995) Lena (actor secundario) de Gonzalo Tapia (2001) Gran Curva (Co-protagonista). Curtametraxe de Roi Cagiao. O Labirinto Ario (secundario) Cherrilla Ayágora Caravana

Véxase tamén Ligazóns externas

Páxina persoal en culturagalega.org Entrevista no Faro de Vigo

Categoría:Actores de Galicia Categoría:Actores de teatro Categoría:Dramaturgos en lingua galega Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Nados en Cádiz Categoría:Nados en 1950