José Alfredo Haz Garrido, nado en Malpica de Bergantiños o 30 de setembro de 1962, é un exfutbolista e mestre galego. Xogaba de centrocampista.
Traxectoria Como xogador Naceu en Malpica de Bergantiños e aos 7 anos de idade foi para A Coruña, ingresando como internado no Colexio de Santa Margarida, onde comezou a xogar ao fútbol no patio. Aos 11 anos entrou no equipo alevín do Ural e ao seguinte nos infantís do Deportivo da Coruña. Estivo cinco tempadas nas categorías inferiores do club branquiazul, sendo cedido nunha delas ao Malpica e outra ao Club Torre. En 1979 pasou ao Fabril.
Na tempada 1980/81 debutou co Deportivo da Coruña en Segunda B. Con todo, o adestrador José Martínez Palomar só o utilizaba pola obriga de aliñar polo menos dous xogadores sub-20, co que xogou só un partido completo durante a tempada, volvendo logo ao Fabril. Máis tarde foi xogador do primeiro equipo branquiazul entre as tempadas 1985/86 e 1987/88, pero relegado á suplencia, xogando só 21 encontros oficiais en tres anos. Despois xogou cinco tempadas no Endesa As Pontes en segunda B.
Selección española Xogou na selección española xuvenil, onde foi titular.
Tras a retirada Despois de deixar o fútbol pasou a dar clases de Educación Física no IES Eusebio da Guarda.
Notas
Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados en Malpica de Bergantiños Categoría:Futbolistas da provincia da Coruña Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo Fabril Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do CD As Pontes Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes