Advanced Research and Global Observation Satellite, tamén coñecido polo seu acrónimo ARGOS e pola denominación P91-1, é un satélite artificial da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzado o día 23 de febreiro de 1999 mediante un foguete Delta II 7920 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.

Características ARGOS adicouse a probar novas tecnoloxías no espazo e é o membro máis grande e capaz do programa STP (Space Test Program) da USAF.

O satélite leva nove cargas útiles principais e 30 experimentos:

High Temperature Super Conducting Experiment II (HTSSE): experimento de supercondutividade a alta temperatura desenvolvido polo Laboratorio de Investigación Naval. Extreme Ultraviolet Imaging Photometer (EUVIP): experimento para caracterizar o comportamento da atmosfera superior ante a radiación ultravioleta. Unconventional Stellar Aspect (USA): observación en raios X de fontes brillantes, como sistemas binarios e estrelas de neutróns. As observacións, ademais da súa utilidade en astrofísica, usáronse para probar novos métodos de navegación e para facer o primeiro estudo tomográfico da atmosfera terrestre. Electric Propulsion Space Experiment (ESEX): demostración dun novo sistema de propulsión eléctrico de alta potencia usando unha fonte de enerxía de 26 kilovatios e amoníaco como propelente. Space Dust (SPADUS): medición da velocidade e dirección de impacto do po espacial. Critical Ionization Velocity (CIV): experimento de solta de gases (xenon e dióxido de carbono) nun punto sobre a Terra correspondente á posición do telescopio de Maui para investigar procesos de ionización. High Resolution Airglow / Aurora Spectroscopy (HIRAAS) Global Imaging Monitor of the Ionosphere (GIMI) Coherent Radio Topography Experiment (CERTO)

Notas

Categoría:Satélites artificiais dos Estados Unidos de América