A palabra solución pode ter varios significados segundo o contexto:

Solución, en matemáticas é cada un dos valores posíbeis das incógnitas dunha ecuación que verifique a igualdade. Solución, en química é unha mestura homoxénea de dúas ou máis substancias. Solución, en literatura é o desenlace do argumento ou dunha obra literaria. Na linguaxe corrente, é a acción e efecto de resolver unha dúbida ou dificultade.