Charles Robert Redford Jr., nado en Santa Monica (California) o 18 de agosto de 1936 e finado en Provo (Utah) o 16 de setembro de 2025, máis coñecido simplemente como Robert Redford, foi un actor, director, produtor, ecoloxista e filántropo estadounidense. Na súa carreira gañou dous Premios Oscar, un en 1981 como director de Xente corrente, e o outro Honorífico en 2002. No 2010, foi distinguido coa Legion d'Honneur. Por outra banda, foi un dos iniciadores do Festival de Cinema de Sundance.

En abril de 2014, a revista Time incluíu a Redford na súa listaxe anual TIME 100 como unha das "Máis Influentes Persoas do Mundo", e declarándoo "Padriño do Cine Indie".http://time.com/75192/the-ties-that-bind-the-time-100/http://time.com/70828/robert-redford-2014-time-100/

Traxectoria Naceu na cidade de Santa Monica, no condado dos Ánxeles, como Charles Robert Redford, Jr.. Marta, a nai, era ama de casa, e o seu pai leiteiro, de relixión católica e orixe irlandesa.

Foi criado no barrio hispano do oeste dos Ánxeles. Na década de 1950 o seu pai traballou como contable na Standard Oil e trasladáronse a un suburbio de clase media no val de San Fernando. Á súa nai diagnosticóuselle un cancro e Redford atravesaba entón unha época de rebeldía; pero gustáballe contar historias e debuxar. Unha excursión ao parque nacional de Yosemite imprimiulle un intenso amor pola natureza, que influiría en moitas das súas películas.

En 1958 casou con Lola van Wagenen e ao ano seguinte naceu o seu fillo Scott, que faleceu poucos meses despois por morte súbita. Nese mesmo ano un dos seus profesores conseguiulle o seu primeiro papel en Broadway. En 1960 comezou a traballar na televisión, na serie Playhouse 90, e a continuación en Perry Mason, Alfred Hitchcock presenta e The Twilight Zone. Por mor diso, o seu pai chegoulle a dicir: «Por que non buscas un traballo de verdade?»

En 1960 Redford e a súa esposa tiveron unha filla, Shawna, e en 1962 novamente un fillo, David Jones. Neses anos compraron unha parcela en Utah, onde construíron unha vivenda. A súa filla Amy nacería en 1970.

Debut no cinema No ano 1962 Redford conseguiu o seu primeiro papel nunha longametraxe de cinema, War Hunt, de Denis Sanders; película na que tamén debutaron os actores Sydney Pollack e Tom Skerritt.  A continuación volveu actuar en Broadway, na obra Descalzos polo parque, dirixida por Mike Nichols, quen impuxo a participación de Redford, a quen vira na televisión. Esta obra de teatro converteuno en estrela de Broadway e foi o trampolín perfecto cara a Hollywood, onde foi contratado en 1964.

Nas súas catro primeiras películas fixo papeis secundarios e non lle proporcionaron un éxito digno de mención. Estas películas foron Inside Daisy Clover (protagonizada por Natalie Wood), A manda humana de Arthur Penn, Situation Hopeless ... But Not Serious e Propiedade condenada.

Filmografía Actor Ano Título PapelNotas 1960 Tall Story Xogador de baloncesto 1962 The Twilight Zone Death 1 episodio: "Nothing in the Dark" 1962 War Hunt Soldado Roy Loomis 1965 Inside Daisy Clover Wade Lewis 1965 Situation Hopeless ... But Not Serious Capitán Hank Wilson 1966 Propiedade condenada Owen Legate 1966 A manda humana Charlie 'Bubber' Reeves 1967 Descalzos polo parque Paul Bratter 1967 Clambake Azu 1969 Butch Cassidy and the Sundance Kid The Sundance Kid 1969 O val do fuxitivo Shériff Christopher 'Coop' Cooper 1969 Downhill Racer David Chappellet 1970 Little Fauss and Big Halsy Halsy Knox 1972 As aventuras de Jeremiah Johnson | Jeremiah Johnson

| 1972 | O candidato Bill McKay 1972 Un diamante candente John Archibald Dortmunder 1973 O golpe Johnny Hooker 1973 The Way We Were Hubbell Gardiner 1974 O gran Gatsby Jay Gatsby 1975 Os tres días do cóndor Joseph Turner/The Condor 1975 The Great Waldo Pepper Waldo Pepper 1976 Tódolos homes do presidente Bob Woodward 1977 Unha ponte lonxana Maior Julian Cook 1979 The Electric Horseman Norman 'Sonny' Steele 1980 Brubaker Henry Brubaker 1984 O mellor Roy Hobbs 1985 Memorias de África Denys Finch Hatton 1986 Legal Eagles Tom Logan 1990 Havana Jack Weil 1992 Sneakers Martin "Marty" Bishop 1992 Incident at Oglala Narrador 1993 Indecent Proposal John Gage 1993 La Classe américaine Steven 1996 Íntimo e persoal Warren Justice 1998 The Horse Whisperer Tom Booker Tamén produtor e director 2001 The Last Castle Eugene Irwin 2001 Xogo de espías Nathan D. Muir 2004 The Clearing Wayne Hayes 2005 An Unfinished Life Einar Gilkyson 2007 Lions for Lambs Dr. Stephen Malley Tamén produtor e director 2012 The Company You Keep Jim Grant/Jason Sinai Tamén produtor e director 2013 All Is LostOur ManTamén produtor e director Nomeado − Globos de Ouro ao mellor actor dramático2014Captain America: The Winter SoldierAlexander Pierce2015 Truth2015A Walk in the WoodsBill BrysonTamén produtor2015Winning: The Racing Life of Paul Newman2016National Parks AdventureNarrador2016Pete's DragonMeacham2017The DiscoveryThomas

Director AnoPelículaNotas1980Xente correnteOscar ao mellor director Globo de Ouro ao mellor director Premio do Sindicato de Directores (DGA): Mellor director1988The Milagro Beanfield War1992O río da vidaNomeado − Globo de Ouro ao mellor director1994Quiz ShowNomeado − Oscar ó mellor director Nomeado − Premios BAFTA ao mellor director Nomeado − Globo de Ouro ao mellor director Nomeado − Sindicato de Directores (DGA) ao mellor director1998The Horse WhispererNomeado − Globo de Ouro ao mellor director2000The Legend of Bagger Vance2007Lions for LambsTamén produtor2010The ConspiratorTamén produtor2012The Company You KeepTamén produtor

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Festival de cine independiente de Sundance Instituto Sundance Robert Redford en TCM Movie Database (inglés) Robert Redford  en TV.com (en inglés) Entrevista a Robert Redford, xullo 2008 (en inglés)

Categoría:Actores de California Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Filántropos Categoría:Nados en 1936 Categoría:Nados en Santa Monica Categoría:Óscar ó mellor director Categoría:Produtores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Óscar honorífico Categoría:Finados en 2025