Sounding the Seventh Trumpet foi o primeiro álbum de longa duración da banda Avenged Sevenfold. Este foi publicado o 31 de xaneiro de 2001 coa compañía Good Life Recordings. O 19 de marzo de 2002, publícase unha re-edición do álbum cunha nova portada (na anterior non aparecía o título na portada) e coa canción a máis de "To End the Rapture (Versión Heavy Metal)", a cal na primeira edición era máis suave e con piano. Nesta versión estrease como novo guitarrista Synyster Gates, que continúa na banda na actualidade. Destaca a colaboración de Valary Di Benedetto (esposa de M. Shadows) na canción "The Art of Subconscious Illusion" coa súa voz.
Listaxe de cancións To End the Rapture - 1:24 Turn the Other Way - 5:37 Darkness Surrounding – 4:49 The Art of Subconscious Illusion – 3:46 We Come Out at Night – 4:45 Lips of Deceit – 4:09 Warmness on the Soul – 4:20 An Epic of Time Wasted – 4:20 Breaking Their Hold – 1:12 Forgotten Faces – 3:27 Thick and Thin – 4:15 Streets – 3:06 Shattered by Broken Dreams – 7:08 Todas as cancións foron escritas por Avenged Sevenfold, a excepción de "Streets" que foi escrita pola anterior banda de M. Shadows (Successful Failure). A canción "Warmness on the Soul" pódese atopar no "Warmness on the Soul EP", xunto con "To End the Rapture (Versión Heavy Metal)".
Créditos
M. Shadows - Voz Zacky Vengeance - Guitarra Justin Meacham - Baixo The Rev - Batería Valary DiBenedetto & The Rev, fan berros en "The Art of Subconscious Illusion" Synyster Gates - Guitarra en "To End the Rapture" (Re-edición) Dameon Ash - Baixo (Re-edición) Gravado en Westbeach en Hollywood, California, Estados Unidos.
Categoría:Álbums de Avenged Sevenfold Categoría:Álbums musicais de 2001 Categoría:Álbums musicais de 2002