Para outros significados véxase Panteón. miniatura|Fachada e vista lateral do Panteón de Roma. miniatura|O Panteón de París. miniatura|Sepulcro de Alfredo Brañas, no Panteón de Galegos Ilustres. miniatura|Sepulcro de Castelao, no Panteón de Galegos Ilustres.

Panteón (do grego παν, pan, 'todo' e θεών, theon, 'dos deuses'), no seu sentido primixenio era o conxunto de todos os deuses dunha relixión ou mitoloxía politeísta particular, como os deuses do Olimpo da Grecia antiga.

Evolución do termo Desde o século XVI a palabra tamén se usou, nun sentido secular, para referirse a un grupo de xente exaltada. Noutro sentido, refírese a un templo ou edificio sagrado dedicado a todos os deuses dunha relixión politeísta particular (como os da mitoloxía hindú).

Salvo no caso de grandes monumentos, o seu significado actual é o de edificación funeraria, normalmente nun cemiterio, onde repousan os restos dos defuntos dunha familia ou dun grupo determinado.

Quizais a asimilación do nome de panteón a este uso proveña da primitiva relixión romana, en que os espíritos dos antepasados eran considerados como "deuses domésticos" (dou "deuses lares").

Outra versión indica que a súa orixe estaría en que o célebre artista Rafael (Rafaello) pediu (e foi) soterrado no Panteón de Roma (Panteón de Agripa).

Panteóns famosos na actualidade Na actualidade a palabra úsase principalmente, a nivel mundial, para describir tres edificios:

O Panteón de Roma, construído orixinalmente no século II como un templo para todos os deuses romanos, e usado como igrexa cristiá desde o século VII. A súa fachada con columnas e a súa enorme cúpula serviron de modelo a todos os demais panteóns construídos desde o Renacemento. O Panteón de París, un edificio do século XVIII usado actualmente como lugar de sepultura para personaxes franceses famosos. O Panteón de Londres, un edificio tamén do século XVIII usado actualmente como teatro.

Panteóns famosos en Galicia En Galicia son de destacar o Panteón Real, na Capela das Reliquias da Catedral de Santiago, onde xacen os restos de varios Reis de Galicia e León, e o Panteón de Galegos Ilustres, na igrexa do antigo Convento de San Domingos de Bonaval, tamén en Santiago de Compostela.

<center>Sepulcros do Panteón Real

Categoría:Arquitectura