O encoro da Ribeira é o máis pequeno dos dous encoros que se achan no río Eume. A súa construción rematou en 1965. Ten unha lonxitude duns cinco quilómetros e unha capacidade de 33 hectómetros cúbicosAnálise da situación do río Eume da asociación Ríos con Vida ..

O encoro alimenta unha minicentral hidroeléctrica cunha potencia de 5940 KwMinicentrais hidroeléctricas galegas:Listado do Inega . A empresa concesionaria da súa explotación é ENDESA.

O encoro está, na súa totalidade, no concello das Pontes. A súa situación río arriba, a pouca distancia da vila das Pontes, fai que abasteza de auga a esta vila e á súa central térmica. O club local de piragüismo, Grupo Xuvenil Piragüismo As PontesPáxina web do Club Grupo Xuvenil Piragüismo As Pontes., úsao como zona de adestramento.

Galería de imaxes

Notas

Ribeira Categoría:Río Eume Categoría:As Pontes de García Rodríguez