A desoxiguanosina trifosfato ou trifosfato de desoxiguanosina, abreviado como dGTP, é un nucleósido trifosfato formado polo nucleósido desoxiguanosina esterificado cun grupo de tres fosfatos. A molécula está formada polo azucre desoxirribosa enlazada coa base nitroxenada guanina por enlace N-glicosídico entre o carbono 1' do azucre e o nitróxeno en posición 9 da base, e un grupo de tres fosfatos esterificado no carbono 5' cos fosfatos unidos entre si por enlace anhidro.
A dGTP intervén na síntese do ADN. O dGTP chega á zona onde se está producindo a replicación do ADN, perde dous fosfatos en forma de pirofosfato, e únese á cadea de ADN en formación como dGMP.
A dGTP orixínase por fosforilación do dGDP cun fosfato cedido polo ATP en reacción catalizada por unha nucleósido difosfoquinase Lehninger A. Principios de Bioquímica. (1988). Omega. Barcelona. Páxina 390. ISBN 84-282-0738-0. ATP + dGDP → ADP + dGTP
O dGTP é un competidor do comezo da inhibición por aciclovir no tratamento do virus Herpes simplex.
Notas
Categoría:Nucleótidos