Heribert Barrera i Costa, nado en Barcelona o 6 de xullo de 1917 e finado na mesma cidade o 27 de agosto de 2011Mor l'històric Heribert Barrera, epuntl primer president del Parlament restaurat, Diari Ara, 27 de agosto de 2011.Un segle de lluita en tots els fronts, Diari Ara, 27 de agosto de 2011.Mor Heribert Barrera, després d'una vida de lluita nacional, El Punt Avui, 28 de agosto de 2011. foi un químico, político catalán, e primeiro presidente do Parlamento de Cataluña dos tempos da recuperación democrática. Era fillo de Martí Barrera, quen fora deputado no Parlamento catalán e conseller da Generalitat de Cataluña.

Traxectoria Barrera licenciouse en química pola Universidade de Barcelona nos tempos da II República EspañolaHeribert Barrera i Costa , Enciclopèdia. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. En 1934 entra a formar parte da Federació Nacional d'Estudiants de Catalunya e do Bloc Escolar Nacionalista.El caràcter republicà, El Punt Avui, 28 de agosto de 2011., dúas organizacións xuvenís do nacionalismo catalán. En 1935 ingresa nas Mocidades de Esquerra Republicana de Catalunya. Cando estoura a guerra civil española alístase co bando republicano, e loita na Fronte do Ebro formando parte da artillaría. Meses antes do triunfo do bando liderado polo xeneral Franco, en febreiro de 1939, Barrera exíliase a Francia, onde permanecerá ata o ano 1952.

Nos anos corenta e cincuenta séguese formando, e á licenciatura en químicas suma a de matemáticas e a de enxeñaría química pola Universidade de Montpellier e o doutoramento en física pola Sorbona de París. Posteriormente convértese en profesor axudante da facultade de Ciencias da Universidade de Montpellier, onde imparte a materia de electroquímica. Foi agregado de investigación do Centre National de la Recherche Scientifique francés, a máxima institución investigadora de Francia, e bolseiro posdoutoral na Universidade de New Hampshire. Nestes primeiros anos contribúe a reorganizar Esquerra Republicana de Catalunya no exilio, e cando regresa a Cataluña, no interior, de forma clandestina.

En 1952 volve a Barcelona como profesor de química inorgánica na Universidade Autónoma de Barcelona e no ano 1970 consegue a cátedra. Durante ese tempo foi autor de artigos científicos en revistas internacionais, así como de política na prensa catalá e internacional. En 1949 recibiu o premio Prat de la Riba do Institut d'Estudis Catalans por unha pescuda sobre a síntese dos ácidos arilalifáticos.

En 1976 convértese no máximo dirixente de ERC en Cataluña e o secretario xeral do partido. En 1977 ingresa como membro do Consell Català del Moviment Europeu e nese mesmo ano resulta elixido deputado no Congreso dos Deputados, pola circunscrición de provincia de Barcelona, o único da súa candidatura, fronte aos 11 que colleita a candidatura centrista de Jordi Pujol. En 1980, porén, e tamén á fronte da súa formación, consegue 14 escanos nas eleccións ao Parlamento catalán, co que abandona as Cortes de Madrid, onde é substituído por Josep Pi-Sunyer. Na constitución da cámara catalá foi elixido presidente do Parlamento de Cataluña, o primeiro da restauración da democracia.

Nas eleccións catalás de 1984 ERC sofre unha severa derrota ao perder a metade dos votos e 9 de 14 deputados, quedando só con 5, entre eles, o do propio Barrera, que encabezaba a candidatura por Barcelona. En 1987 abandona a secretaría xeral de ERC, e permanecerá apartado da política ata que en 1991 regrese para encabezar a candidatura de ERC ao Parlamento Europeo, onde sae elixido eurodeputado. Tamén nese ano, 1991, pasa a ocupar o cargo honorífico de presidente de Esquerra, onde permanecerá durante catro anos, ata 1995.Heribert Barrera i Costa (1980 - 1984) , Web do Parlamento de Cataluña..

Ao abandonar Bruxelas en 1994, Barrera pasa a ocupar un papel discreto e de honra na política catalá, con espazadas posturas públicas. En 2001 publica o libro Què pensa Heribert Barrera?, onde sinalaba que a inmigración facía perigar o futuro de CataluñaEs mor Heribert Barrera , Vilaweb, 27 de agosto de 2011.. O propio Barrera moderou estes pareceres en entrevistes posterioresCarod-Rovira demana a Barrera que aturi en les seves declaracions , Vilaweb, 2 de marzo de 2001.. En 2009 Barrera expresou publicamente o seu afastamento das posicións da dirección da súa formación, ERC, e sen deixar de militar nela apoiou publicamente a escisión, partidaria dunha aceleración das propostas independentistas, encabezada por Joan Carretero.

O 10 de xullo de 2010, Barrera encabezou, a canda outros líderes políticos cataláns históricos e contemporáneos (José Montilla, Pasqual Maragall, Jordi Pujol, Ernest Benach e Joan Rigol) unha manifestación pro-autonomista de grande relevancia en Cataluña, baixo o lema Som una nació. Nosaltres decidim (Somos unha nación. Nosoutros decidimos)Èxit incontestable d'una jornada històrica , VilaWeb, 10/9/2010..

Galardóns (2000). Medalla de Honra do Parlamento de Cataluña. Presidente da Societat Catalana de Ciències Físiques, Químiques i Matemàtiques e da sección de ciencias do Institut d'Estudis Catalans. Membro da Societé Française de Chimie e da American Chemical Society. Presidente do Club d'Amics de la Unesco de Barcelona, presidente (1989-1997) e presidente de honra do Ateneu Barcelonès e presidente da Associació d'Antics Diputats al Parlament de Catalunya (1997-2003). Membro do consello consultivo de Òmnium Cultural..

Notas

Véxase tamén Bibliografía VILA, Enric. Què pensa Heribert Barrera?. Barcelona: Edicions Proa, 2001. SINCA, Genís. Heribert Barrera, l'últim republicà. Columna Edicions, 2006.

Ligazóns externas Heribert Barrera i Costa, biografía na web do Parlamento de Cataluña. Heribert Barrera a (S)avis de TV3.

Categoría:Presidentes do Parlamento de Cataluña Categoría:Políticos de ERC Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Europarlamentarios de Cataluña Categoría:Europarlamentarios de ALE Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona Categoría:Europarlamentarios de España (1989-1994) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (Lexislatura constituínte) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (I Lexislatura)