Agitation Free foi unha banda alemá de krautrock formada en 1967 e composta por Michael "Fame" Günther (baixo), Lutz "Lüül" Ulbrich (guitarra), Lutz Ludwig Kramer (guitarra) e Christopher Franke (batería). Inicialmente chamáronse Agitation, un nome que elixiron ao chou nun dicionario, e posteriormente cambiárono porque xa existía pitra banda que se chamaba igual. Decidíronse por Agitation Free por un cartel que viron antes dun concerto que realizaron a principios de 1970 onde poñía "Agitation Free" (significando o "free" que era un concerto de balde).

Despois de perder ao guitarrista Axel Genrich, que marchou para Guru Guru en 1970, e ao batería Christopher Franke , que fixo o mesmo con Tangerine Dream en 1971, a banda recrutou a Jörg "Joshi" Schwenke (guitarra), Burghard Rausch (batería) e Michael Hoenig (teclados). Con esta formación editaron o seu álbum de estrea, Malesch, en 1972 a través do selo Music Factory. O álbum inspirouse na súa propia xira a través de Exipto, Grecia e Chipre, patrocinada polo Goethe-Institut alemán. Posteriormente ese mesmo ano, actuaron nas olimpiadas de Múnic.

Un segundo álbum foi editado en 1973, pero a banda separouse un ano despois. Agitation Free reuniríase en 1998 e lanzou River Of Return en 1999.

Discografía Malesch - 1972 2nd - 1973 Last - 1976 (gravado ao vivo en 1974) Fragments - 1995 (gravado ao vivo en 1974) At the Cliffs of River Rhine - 1998 (gravado ao vivo en 1974) The other sides of Agitation Free - 1999 (gravado en 1974–75) River of Return - 1999

Categoría:Grupos musicais de rock experimental Categoría:Grupos musicais de krautrock Categoría:Grupos musicais de space rock Categoría:Grupos musicais de rock progresivo Categoría:Grupos musicais de rock psicodélico Categoría:Grupos musicais de Alemaña Categoría:Grupos musicais formados en 1967