Os druídas eran unha elevada clase social dentro das tribos celtas, desempeñaban funcións relixiosas, médicas e de ensino. Os privilexios dos que gozaban (non tomaban parte nas guerras e estaban exentos do pagamento dos impostos) atraían moitos rapaces da nobreza gala para tomaren o ensino necesario e convertérense en druídas. Os coñecementos transmitíanse oralmente durante unha aprendizaxe de vinte anos na que estudaban a natureza e os rituais celtas.

Historia Xulio César é a principal fonte primaria sobre os druídas, na súa obra Comentarios sobre a guerra das Galias, pero pode ser que recibise o algúns datos do filósofo estoico Posidonio, cuxo relato se confirma coas sagas irlandesas medievais temperás. A descrición de César da asemblea anual dos druidas e a elección dun archidruida ou arquidruída tamén está confirmada por unha saga irlandesa.

A romanización e posteriormente o cristianismo perseguiron os druídas até que acabaron por disolver a relixión celta, da cal os druídas eran os principais depositarios.

Romanización Coa conquista romana das rexións celtas da Europa continental e das Illas Británicas, iniciouse un proceso de romanización que implicou cambios políticos, militares, culturais e relixiosos. A administración romana tendía a integrar as elites locais coa poboación indíxena procurando unha gobernanza máis efectiva, o que levou a unha certa asimilación cultural e relixiosa. Os druídas, como líderes espirituais e culturais, atopáronse en crecente desacordo coa novo orde, e foron reprimidos na Galia polos romanos baixo Tiberio (emperador entre o ano 14 e o 37) e probabelmente en Britania un pouco máis tarde.

Impacto do cristianismo Coa chegada do cristianismo, aumentou aínda máis a presión sobre a estrutura relixiosa celta. Os druídas, cuxas prácticas e crenzas diferían substancialmente das cristiás, foron vistas como pagás e incompatíbeis coa nova fe. Isto levou a unha persecución e ao declive da súa influencia e prácticas.

Herdanza e legado A pesar da súa desaparición como unha clase influente, a herdanza dos druídas sobrevive na cultura celta a través da mitoloxía, da literatura e das tradicións orais. En Irlanda perdieron as súas funcións sacerdotais após a chegada do cristianismo e sobreviviron como poetas, historiadores e xuíces (filid, senchaidi e brithemain). Algúns eruditos cren que os brahmanas hindús en Oriente e os druídas celtas en Occidente foron supervivencias laterais dun antigo sacerdocio indoeuropeo.

Na cultura popular, os druídas son frecuentemente retratados como sabios místicos ou magos, especialmente en personaxes de bandas deseñadas como Panoramix de Asterix, e en videoxogos e literatura de fantasía, onde son asociados coa natureza, a maxia e a curación.

Etimoloxía Descoñécese a etimoloxía da palabra "druída", mais Plinio o Vello relacionábaa co termo grego drus (aciñeira); non obstante, actualmente os historiadores cren que o máis probable é que proceda do termo celta dru-uid-es, que significa "os moi sabios".

Notas

Véxase tamén

Amergin Glúingel Cailleach Eisteddfod Neopaganismo celta Romanización Romanización de Galiza Xulio César Ligazóns externas Druidas - Celtiberia.net (en castelán)

Categoría:Celtas