A Liga de Campións da UEFA 1992-93 foi a edición número 38 da máxima competición europea de fútbol a nivel de clubs organizada pola UEFA, e a primeira coa nova denominación de Liga de Campións da UEFA, seguindo o formato inaugurado na anterior tempada. As roldas previas da competición disputáronse entre agosto e novembro. A fase de grupos comezou a finais de novembro e rematou en abril. A final foi o 26 de maio de 1993. Na final enfrontáronse o campión da Ligue 1, o Olympique Marsella, e mailo campión italiano, o AC Milán. Os franceses venceron por 1 gol a 0, acadando a súa primeira Copa de Europa.

Fase de Grupos Tódolos equipos tiveron que pasar polas roldas previas de clasificación para chegar á fase de grupos. Na segunda rolda de clasificación, o campión da Copa de Europa 1991-92, FC Barcelona, que defendía a coroa continental, caeu eliminado fronte ó PFC CSKA Moscova por un marcador global de 4-3 a prol dos rusos. Outro equipo que tamén caeu antes do previsto foi o campión inglés, o Leeds United, que foi eliminado na segunda rolda polo Rangers FC. O propio Leeds United viña de eliminar na primeira rolda ó campión alemán, VfB Stuttgart.

Grupo A Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif1. 20px Olympique Marsella96330144+102. 20px Rangers FC8624075+23. 20px Club Brugge5621358-34. 20px CSKA Moscova26024211-9

Grupo B Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif1. 20px AC Milán126600111+102. 20px IFK Göteborg6630378-13. 20px FC Porto562135504. 20px PSV Eindhoven16015413-9

Ó remate da fase de grupos clasificáronse para a final os 2 equipos que quedaron en primeira posición nos seus respectivos grupos. Final 450px|esquerda|miniatura|O Estadio Olímpico de Múnic acolleu a final da Liga de Campións da UEFA o 26 de maio de 1993.

A final da Liga de Campións da UEFA na súa edición 1992-93 enfrontou ó campión francés Olimpique Marsella que viña de acadar 5 títulos seguidos na Ligue 1, e ó AC Milán dirixido por Fabio Capello, con estrelas como Paolo Maldini, Marco van Basten, Franco Baresi, Frank Rijkaard etc.

O encontro disputouse no Estadio Olímpico de Múnic, e foi dirixido polo colexiado suízo Kurt Röthlisberger. O resultado final foi de 1-0 a prol do Olympique Marsella, cun gol do xogador de Costa do Marfil Basile Boli no minuto 43.

Este resultado supuxo a primeira vitoria que un equipo francés acadaba na máxima competición continental de fútbol europeo despois de 38 anos, e que ata hoxe segue sendo a única.

Non obstante, esta vitoria tamén supuxo o fin da época mais gloriosa deste club francés, xa que pouco despois foi sancionado, séndolle retirado o título de liga que acadara ese mesmo ano, e sendo descendido de categoría dende a Ligue 1, todo por mor das acusacións de arranxos de encontros.

Véxase tamén Outros artigos Liga de Campións da UEFA UEFA Olympique Marsella AC Milán

Ligazóns externas Páxina oficial da UEFA

Categoría:Fútbol en 1993 Categoría:Liga de Campións da UEFA