O North Harbour Stadium é un estadio da cidade de North Shore City, preto de Auckland (Nova Zelandia), inaugurado en 1997 e que ten unha capacidade para acoller a uns 30.000 seareiros.

O recinto está destinado principalmente á práctica do rugby por parte do North Harbour, equipo que compite na ITM Cup, e tamén á práctica do fútbol por parte dos New Zealand Knights da A-League. Os Auckland Blues do torneo Super Rugby tamén xogan cada ano un encontro como locais neste estadio.

Copa do Mundo de Rugby 2011

Este é un dos estadios que Nova Zelandia escolleu para que se disputaran nel 4 dos encontros da primeira fase da Copa do Mundo de Rugby 2011 que o país maorí organizou entre o 9 de setembro e o 23 de outubro de 2011: 10 de setembro de 201118:0020px Francia47-2120px XapónNorth Harbour StadiumÁrbitro: Steve Walsh (AUS) 11 de setembro de 201115:3020px Australia32-620px ItaliaNorth Harbour StadiumÁrbitro: Alain Rolland (IRE) 22 de setembro de 201120:0020px Suráfrica87-020px NamibiaNorth Harbour StadiumÁrbitro: George Clancy (IRE) 30 de setembro de 201120:3020px Suráfrica13-520px SamoaNorth Harbour StadiumÁrbitro: Nigel Owens (GLS)

Véxase tamén Outros artigos Copa do Mundo de Rugby 2011 North Harbour Rugby Union New Zealand Knights Ligazóns externas Sitio web do North Harbour Stadium

Categoría:Estadios de rugby de Nova Zelandia