O Forsyth Barr Stadium é un estadio da cidade de Dunedin (Nova Zelandia), inaugurado en 2009 e que ten unha capacidade para acoller uns 30.700 seareiros.
O recinto está destinado principalmente á práctica do rugby da man do Otago RFU, equipo que compite na ITM Cup, e dos Highlanders do torneo Super Rugby. O Otago United da liga de fútbol tamén xoga como local neste estadio.
Copa do Mundo de Rugby 2011
Este é un dos estadios que Nova Zelandia escolleu para que se disputaran nel 4 dos encontros da primeira fase da Copa do Mundo de Rugby 2011 que o país maorí organizou entre o 9 de setembro e o 23 de outubro de 2011. Durante o transcurso do mundial, o nome do estadio foi Otago Stadium. 10 de setembro de 201120:3020px Arxentina9-1320px InglaterraForsyth Barr Stadium, DunedinÁrbitro: Bryce Lawrence (NZL) 18 de setembro de 201118:0020px Inglaterra41-1020px XeorxiaForsyth Barr Stadium, DunedinÁrbitro: Jonathan Kaplan (RSA) 24 de setembro de 201120:3020px Inglaterra67-320px RomaníaForsyth Barr Stadium, DunedinÁrbitro: Romain Poite (FRA) 2 de outubro de 201120:3020px Irlanda36-620px ItaliaForsyth Barr Stadium, DunedinÁrbitro: Jonathan Kaplan (RSA)
Véxase tamén Outros artigos Copa do Mundo de Rugby 2011 Highlanders Otago Rugby Football Union Otago United Ligazóns externas Forsyth Barr Stadium en www.worldstadiums.com
Categoría:Estadios de rugby de Nova Zelandia Categoría:Estadios de fútbol de Nova Zelandia