miniatura|dereita|250px|Planeta Terra en Dragon Ball

A Terra é o mundo ficticio do anime e manga Dragon Ball. É o lugar onde suceden a maior parte das historias. Tomando en conta varios Crossovers nas historias poderíase asumir que tamén o mundo de Dr. Slump e Neko Majin Z. É comunmente chamado Terra polos seus habitantes, e o nome Dragon World é principalmente empregado nos libros con información da serie ou en recapitulacións dos capítulos.

Características

O planeta está basicamente baseado no planeta Terra real, pero con significativas diferenzas: A distribución dos continentes é ben diferente, cun supercontinente e dous continentes pequenos (aínda que nalgunha imaxe sae un planeta coa mesma distribución que a Terra real). Ten anacronismos como a coexistencia de seres da prehistoria como os dinosauros, e tecnoloxía futurista como coches voadores e as cápsulas (nas que nuns poucos centímetros, premendo un botón convértense en obxectos de medidas moito máis grandes). Arquitectura peculiar, común a todo o planeta: as construcións teñen na súa maioría formas arredondadas semellantes a iglús. A división política está organizada en 43 sectores cun líder local en cada un, pero cun único rei planetario. No mundo conviven xunto cos humanos outros animais (a miúdo antropomórficos). Salvo en certas excepcións (Doutor Guero, Bulma, Videl...) a especie humana amósase incriblemente estúpida.

Relixión e mitoloxía No universo de Bóla de Dragón as deidades teñen unha xerarquía específica: Cada planeta ten unha Deidade ó seu cargo, que é mortal e non é todopoderoso, e que reside no propio planeta. No caso da Terra, durante a maior parte da historia, o seu Deus é un namekiano chamado simplemente Deus (Kamisama), pero máis adiante é substituído por outro namekiano chamado Dende. Por riba do Deus de cada planeta hai cinco seres (un por cada galaxia, chamados xenericamente kaio). Catro deles encárganse dos cuadrantes (norte, sur, leste e oeste) e o quinto supervísaos. A Terra está situada no cuadrante norte e o seu deus é o Kaiō do norte. Por riba dos kaios están os kaioshins. Tamén hai cinco, catro deles que se encargan dos cuadrantes do Universo ó completo e un quinto por riba deles. En Bola de Dragón só está vivo o Kaiō Shin do leste, xa que os outros foron eliminados por Majin Boo.

Categoría:Lugares de Dragon Ball

ca:Dragon Ball it:Dragon World