miniatura|dereita|Paseo marítimo na cidade de New Plymouth. New Plymouth é unha cidade da Illa Norte de Nova Zelandia, capital da rexión de Taranaki, cunha poboación estimada duns 52.200 persoas. A cidade foi bautizada con este nome polos primeiros habitantes, que eran inmigrantes que viñan da zona de Plymouth, en Inglaterra.
Atractivos da cidade New Plymouth é coñecida pola súa oferta de lecer deportivo. A cidade está rodeada de praias nas que practicar surf, de montes nos que practicar ciclismo de montaña, e mesmo dunha estación de esquí a 30 minutos en coche.
Preto da cidade está o Monte Taranaki, unha montaña volcánica, antigo monte sagrado para os maorís, no que se estableceu o segundo parque natural do país en 1881.
A cidade acadou moitos premios nos últimos anos, pola coidado da súa ribeira mariña, polo carrís para bicicletas e peóns, e pola limpeza das súas rúas.
Deporte O deporte principal de New Plymouth é o rugby, ó igual que no resto do país. O principal equipo de rugby da cidade é o Taranaki RFU, que disputa cada ano a liga neozelandesa, a ITM Cup, e que xoga como local no Yarrow Stadium. Este estadio acollerá 3 encontros da Copa do Mundo de Rugby 2011 que organizará Nova Zelandia.
Véxase tamén Outros artigos Nova Zelandia Illa Norte Copa do Mundo de Rugby 2011 Monte Taranaki Ligazóns externas Páxina web de New Plymouth
Categoría:Cidades de Nova Zelandia