White Fang 2: Myth of the White Wolf é un filme estadounidense dirixido por Ken Olin que se estreou en 1994. É a secuela do filme Cairo Branco, que está baseado na novela de Jack London White Fang.
Sinopse Henry Casey é un mozo que vive en compaña de Cairo Branco, metade lobo, metade can, nas montañas de Alasca a comezos do século XX. Durante unha das súas viaxes polo río para recoller unhas provisións, a canoa na que ambos viaxan tómbase e Henry cae á auga, sendo arrastrado pola forte corrente. A pesar dos esforzos de Cairo Branco por salvar ó seu amo, o animal non logra dar con el. Porén, Henry é rescatado por unha princesa dunha tribo india, cuxos membros están sufrindo a fame que ameaza con facelos desaparecer de non aparecer axiña a súa principal fonte de alimento, o caribú.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 1994 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes sobre cans Categoría:Filmes ambientados en Alasca Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América