Novas da Galiza foi un periódico mensual galego, editado polo grupo de comunicación Minho Media S.L., de 2002 a 2024.

Historia e características Ten un carácter laico e considera que a soberanía reside no pobo galego e presidido pola tradición política da esquerda nacionalista galega. Dentro do grupo de xornais monolingües en galego, este medio caracterízase por defender o reintegracionismo lingüístico, é dicir, a unidade entre o galego e o portugués.

Novas da Galiza naceu en febreiro de 2002 e durante tres anos mantivo a distribución gratuíta, repartíndose en locais sociais, espazos alternativos e sedes de colectivos, con presenza tamén en Internet. En marzo de 2005 pasou a ser vendido nos quioscos, ampliando a súa cobertura territorial a toda Galiza. O xornal pon a disposición os números na súa hemeroteca virtual no mes seguinte á saída nos quioscos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Novas da Galiza

Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:Reintegracionismo Categoría:2002 en Galicia