Andreas Libavius, nado en Halle en 1550 e finado en Coburgo o 25 de xullo de 1616, foi un médico e químico alemán.
Traxectoria O seu nome era Andreas Libau, pero coñécese co seu apelido latinizado. Traballou como profesor en Ilmenau e Coburgo, e foi profesor en Jena en 1588. En 1597, escribiu o primeiro libro sistemático de química, Alchemia,Comentario sobre Alchemia , Universidade de Illinois . que incluía instrucións para a preparación de diversos ácidos fortes. Algunhas das súas obras publicounas baixo o pseudónimo de Basilius de Varna.
Realizou importantes achegas á química. Descubriu a propiedade do óxido de ouro de dar cor vermella ao vidro e tamén o cloruro de estaño, que despois se coñeceu co nome de licor de Libavius. miniatura|Réplica do laboratorio en Rothenburg ob der Tauber. Escribiu Neo-Paracelsica, Tractatus duo physici, Alchemia (1597),Alchemia reprodución completa da obra, Universidade Complutense. Schediasmata medica et phylosophica, Commentationum metallicarum libri IV (1597),Commentationvm Metallicarvm Libri Qvatvor, reprodución íntegra, Herzog August Bibliothek. Epitome metallica e Praxis alchimio, entre outras obras.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Hannaway, Owen (1986): "Laboratory Design and the Aim of Science: Andreas Libavius versus Tycho Brahe" in Isis, 77, páxs. 584-610.
Categoría:Químicos de Alemaña Categoría:Nados en Halle, Saxonia-Anhalt Categoría:Nados en 1550 Categoría:Finados en 1616