O Western Force é un equipo profesional de rugby da cidade de Perth (Australia) fundado no ano 2005 e que compite no torneo Super Rugby.
Estadio O estadio no que disputa actualmente os seus encontros como local o Western Force é o Perth Oval de Perth (chamado Nib Stadium por razóns de patrocinio), un recinto con capacidade para acoller 20.500 seareiros nas bancadas, que foi inaugurado no ano 1904 e renovado en 2004. O Western Force comparte este estadio co equipo de fútbol da liga australiana Perth Glory FC.
Nas dúas primeiras tempadas do Western Force no torneo Super 14, o equipo xogaba os seus encontros como local no Subiaco Oval, un estadio con capacidade para 43.500 persoas, que acolle encontros de fútbol Australiano dende sempre. En 2008 o goberno do estado de Australia Occidental anunciou a construción dun novo estadio con capacidade para 70.000 persoas, que será construído entre 2011 e 2016. Este futuro recinto será o fogar do Western Force cando se remate.
Xogadores Estes serán os xogadores que defenderán as cores do Western Force na tempada 2016: 1ª Liña Pekahou Cowan Tetera Faulkner Chris Heiberg Hollie Hoskins Francois van Wyk
Talonadores Nathan Charles Heath Tessmann
2ª Liña Adam Coleman Rory Walton 3ª Liña Angus Cottrell Chris Alcock Matt Hodgson(c) Steve Mafi Ben McCalman Brynard Stander Ross Haylett-Petty
Medios Melé Alby Mathewson Ian Prior Ryan Louwrens
Aperturas Kyle Godwin Peter Grant Centros Luke Burton Marcel Brache Junior Rasolea Ben Tapuai
Ás Mitchell Scott Dane Haylett-Petty Akihito Yamada
Zagueiros Luke Morahan Jono Lance
En letra grosa os xogadores internacionais en categoría absoluta.
Na súa curta historia, polo Western Force teñen pasado xogadores tan salientables como Matt Giteau, Scott Fava e Drew Mitchell.
Traxectoria O Western Force comezou a disputar o torneo Super Rugby na edición 2006. No seu primeiro ano rematou último. Dende entón, o seu mellor resultado foi o 7º posto final que acadou na tempada 2007. 260px|miniatura|dereita|Perth Oval, fogar actual do Western Force. TempadasPos.XogadosGañadosEmpatesDerrotasPuntos+Puntos-DiferenzaBonusPUNTOS 2016 201515º163013245384-139719 20148º16907343393-50440 201313º164111267366-99531 201214º163013306440-134727 201112º16529333416-83537 201013º13409258364-106319 20098º13616328275+531036 20088º13706247278-31533 20077º13616276282-6632 200614º131210223373-150412
Véxase tamén Outros artigos Perth Super Rugby
Ligazóns externas Páxina oficial do Western Force
Categoría:Equipos de rugby de Australia