Aeros 2, tamén coñecido como Aeros B, foi un satélite artificial alemán adicado ó estudo da atmosfera superior e o espazo exterior. Foi lanzado o 16 de xullo de 1974 mediante un foguete Scout D1 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea a unha órbita polar cunha inclinación orbital de 97,4 graos e un perixeo e apoxeo iniciais de 220 e 853 km, respectivamente. O satélite reentrou e destruíuse na atmosfera o 25 de setembro de 1975.
Características O satélite tiña forma de cilindro de 0,914 metros de diámetro e 0,71 metros de altura. Estabilizábase mediante xiro a 10 revolucións por minuto, co eixo de rotación orientado cara ao Sol. A bordo levaba cinco experimentos cos que mediu a temperatura e densidade de electróns, ións e partículas neutras, a súa composición e o fluxo de raios solares ultravioleta.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Aeros 1
Ligazóns externas Información filatélica sobre varios satélites, entre eles Aeros 1 e 2
Categoría:Satélites artificiais de Alemaña