José Celestino Mutis y Bosio, nado en Cádiz (España) o 6 de abril de 1732 e finado en Santa Fe de Bogotá (Colombia) o 11 de setembro de 1808, foi un sacerdote, botánico, matemático e profesor da Universidade do Rosario, en Bogotá, universidade onde actualmente repousan os seus restos.
Traxectoria Etapa española Estudou medicina e cirurxía no Colexio de Cirurxía de Cádiz, concluíndo a súa carreira na universidade de Sevilla, xa que a institución gaditana non estaba cualificada para outorgar o título.
Tras concluír os seus estudos traballou durante catro anos no Hospital de Cádiz. As súas primeiras etapas profesionais desenvolvéronse baixo a titoría dalgúns dos máis eminentes científicos do momento.
Máis tarde pasou a traballar como suplente da cátedra de Anatomía do Hospital Xeral de Madrid, e perfeccionou os seus coñecementos botánicos no Xardín do Soto de Migas Calientes. Dirixiu a Real Expedición Botánica ao Reino de Nova Granada.
A Real Expedición Botánica ao Reino de Nova Granada. Etapa americana
José Celestino Mutis propuxera en dúas ocasións (1763 e 1764, respectivamente) á Coroa de España unha Expedición Botánica polo Reino de Nova Granada (territorio que englobaba ás actuais Colombia, Ecuador, Panamá, Venezuela, norte do Perú e do Brasil e oeste de Güiana). Mutis chegara a este vicerreinado para servir como médico ao vicerrei Pedro Mesía de la Cerda.
Ditas propostas non tiveron resposta, de modo que Mutis se dedicou ao sacerdocio, á minaría e á atención da súa cátedra no Colexio do Rosario de Bogotá. Tras vivir en distintas poboacións, Mutis estableceuse en Santafé. Posteriormente dedicouse á minaría en Vetas, Santander, provincia de Pamplona.
Anos máis tarde, despois de retirarse a vivir a Mariquita, animado polo Vicerrei-Arcebispo Antonio Caballero y Góngora, realizou unha terceira proposta, que foi aceptada polo ilustrado rei Carlos III, que estudara botánica, ademais doutras ciencias, técnicas e artes.
miniatura|300px|esquerda|Nos antigos billetes de 2000 pesetas, deseñados por Reinhold Gerstetter, aparecía a efixie de Mutis. A expedición http://www.sogeocol.edu.co/documentos/01laexp.pdf iniciouse en 1783, baixo a dirección de Mutis, prolongándose durante uns 30 anos. Mutis centrouse en Santafé e os seus arredores, a lagoa de Pedro Palo, a Mesa de Juan Díaz, Guaduas, Honda e os arredores de Mariquita. Pero na expedición participaron varios comisionados que estenderon a cobertura xeográfica.
Destaca entre eles Francisco José de Caldas, que percorreu as actuais terras de Ecuador durante catro anos, regresando a Santafé en 1808 levando un extensísimo herbario.
Outro dos comisionados foi frei Diego García, que percorreu o Alto Val do Magdalena, entre La Palma e Timaná, chegando á zona dos Andaquíes. A súa colección inclúe tamén un amplo repertorio de fauna e mostras xeolóxicas.
Pola súa parte, Eloy Valenzuela, que fora subdirector da Expedición durante o primeiro ao, foi comisionado a Santander. Tivo que retirarse, por problemas de saúde, a Bucaramanga, onde continuou recolectando.
Esta Expedición resultou ser a máis custosa para a Coroa de España; porén, foi a que menos publicacións científicas produciu. Non obstante foi decisiva para o desenvolvemento da cultura e a investigación en Colombia. Nela creouse unha escola de debuxo e contratáronse numerosos oficiais de pluma e herbarios. As láminas realizadas na expedición resultaron ser de excepcional calidade. Entre os debuxantes destacan Salvador Rizo e Francisco Javier Matís, que foi cualificado por Humboldt como o mellor ilustrador botánico do mundo. Anos máis tarde o médico e botánico bogotano José Jerónimo Triana contribuíu decisivamente á determinación das especies vexetais.
Ao contrario do que sucedeu coas láminas, que quedaron en Nova Granada, parte do extenso e importante herbario foi trasladado á fin da Expedición ao Real Jardín Botánico de Madrid, onde permaneceu practicamente inédito até datas relativamente recentes.
Obra En Botánica: estudou a flora do seu contorno e fixo unha marabillosa colección de debuxos da flora grancolombiana. Entre os seus discípulos máis notábeis encóntranse o seu sobriño, Sinforoso Mutis, o naturalista Francisco José Caldas e o botánico Francisco Antonio Zea, que chegou a ser director do Real Jardín Botánico de Madrid. En Lingüística: estudou as linguas indíxenas do seu contorno e, entre outras actividades, elaborou unha serie de vocabularios elementais (100 palabras de cada idioma indíxena) por encarga do rei Carlos III. O rei respondía coa súa petición a Mutis á demanda da tsarina Catarina a Grande, que lle pedira vocabularios das linguas faladas en todos os seus reinos para facer un monumental Dicionario de todas as linguas del mundo. Este dicionario publicouse, pero os recompiladores tiveron a mala idea de facelo por orde alfabética, polo que resulta case imposíbel de consultar. En Tecnoloxía: fixo importantes achegas a procesos industriais, tales como a minaría da prata e a destilación do ron. Publicacións:
El arcano de la quina: discurso que contiene parte médica de las cuatro especies de quinas oficiales, sus virtudes eminentes y su legítima preparación. Obra póstuma. Ibarra, impresor de Cámara de S. M., Madrid. 1828.
Flora de la Real Expedición Botánica del Nuevo Reino de Granada: 1783-1816. Publicada (49 volumes) baixo os auspicios dos Gobernos de España e de Colombia e mercede á colaboración do Instituto de Cooperación Iberoamericana, Instituto Colombiano de Cultura Hispánica, Real Jardín Botánico de Madrid, CSIC, e Instituto de Ciencias Naturales-Museo de Historia Natural de la Universidade Nacional de Colombia, coa colaboración do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
Honras Académico En 1784 foi elixido membro estranxeiro da Real Academia das Ciencias de Suecia.
Billetes de banco España. A súa imaxe é ben coñecida polos españois, posto que figuraba nos antigos billetes de 2000 pesetas, sendo o primeiro billete da serie España en América, que se puxo en circulación. No reverso do billete figuraba o debuxo realizado polos seus debuxantes, das orquídeas Mutisia, xénero que nomeou o fillo de Linneo así na súa honra. Colombia. Tamén aparece no billete de 200 pesos de Colombia emitidos entre 1983 e 1992. O anverso do billete mostra a imaxe de José Celestino Mutis e o Observatorio Astronómico cunha marca de auga á dereita, e no reverso a imaxe do Claustro do Colegio Mayor de Nuestra Señora del Rosario, hoxe Universidade do Rosario, Bogotá. miniatura|dereita|Rúa dedicada a José Celestino Mutis en Cádiz, España.
Epónimos Aeroporto José Celestino Mutis, Bahía Solano, Departamento del Chocó, Colombia. Xardín Botánico José Celestino Mutis, Bogotá. Parque botánico José Celestino Mutis, Palos de la Frontera. Rúa José Celestino Mutis, Cádiz . Xénero: Linneo fillo (L.f.) denominou na súa honra o xénero Mutisia, ampliando o significado que lle deron os alumnos de Mutis.Suppl. Pl. 57. 1782 (1781, publ. abril de 1782).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Amaya, José Antonio (1983): Bibliografía de la Real Expedición Botánica del Nuevo Reino de Granada. Bogotá: Instituto Colombiano de Cultura Hispánica. Amaya, José Antonio (1986): Celestino Mutis y la expedición botánica. Madrid: Debate. Frías Núñez, Marcelo (1994): Tras el Dorado Vegetal. José Celestino Mutis y la Real Expedición Botánica del Nuevo Reino de Granada (1783-1808). Sevilla: Deputación Provincial. Gredilla, A. Federico (1911): Biografía de José Celestino Mutis con la relación de su viaje y estudios practicales en el Nuevo Reino de Granada. Madrid: Fortanet. Hernández Alba, Guillermo (ed.) (1958): Diario de observaciones de José Celestino Mutis (1760-1790). Bogotá: Instituto Colombiano de Cultura Hispánica, Editorial Minerva. 2 Vol. Hernández Alba, Guillermo (1968-1975): Archivo Epistolar de don José Celestino Mutis. Madrid: Instituto de Cultura Hispánica, 4 vol. Hernández Alba, Guillermo (1982): Pensamiento científico y filosófico de José Celestino Mutis. Bogotá: Ediciones Fondo Cultural Cafetero. Pérez Arbeláez, Enrique (1967): José Celestino Mutis y la Real Expedición Botánica del Nuevo Reino de Granada. Bogotá: Antares, Tercer Mundo S.A. San Pío. M. (ed.) (1995): Catálogo del fondo documental José Celestino Mutis del Real Jardín Botánico. Madrid: Real Jardín Botánico (CSIC). Schumacher, Herman Albert (1984): Mutis, un Forjador de la Cultura. Bogotá: Empresa Colombiana de Petróleos. Pimentel Igea, Juan (2001): Viajeros Científicos. Madrid: Ed. Nívola. Colección Novatores.
Ligazóns externas
Biografía (na Revista Ambienta). . Biografía (na Biblioteca Virtual Luis Ángel Arango . Biografía tomada do sitio web do Real Jardín Botánico Debuxos da Real Expedición Botánica do Novo Reino de Granada (1783-1816) Jardín Botánico de Madrid (CSIC)].
Categoría:Botánicos de España Categoría:Nados en Cádiz Categoría:Nados en 1732 Categoría:Finados en 1808 Categoría:Sacerdotes católicos de España Categoría:Matemáticos de España