Pirates of the Caribbean: At World's End é un filme de aventuras estadounidense dirixido por Gore Verbinski que se estreou no 2007. É o terceiro filme da saga, precedido por Pirates of the Caribbean: Dead Man's Chest e seguido por Pirates of the Caribbean: On Stranger Tides.
Sinopse Seguindo o ronsel do sucedido en Pirates of the Caribbean: Dead Man's Chest , Will Turner (Orlando Bloom) e Elizabeth Swann (Keira Knightley) están aliados co capitán Barbossa (Geoffrey Rush), nunha busca desesperada para liberar o capitán Jack Sparrow (Johnny Depp) das mans de Davy Jones. Mentres, o terrorífico barco fantasma O holandés errante, baixo o control da East India Trading Company, causa estragos ó longo dos Sete Mares. Will e Elizabeth, navegando no medio da traizón, a felonía e mares salvaxes, deben seguir adiante rumbo a Singapur e enfrontarse ó astuto pirata chinés Sao Feng (Chow Yun-fat). Agora, nos mesmos confíns da Terra, todos eles deben elixir un bando na batalla final, xa que non só as súas vidas e fortunas, senón tamén o futuro da piratería clásica, pende dun fío.
Personaxes Johnny Depp como Capitán Jack Sparrow Orlando Bloom como Will Turner Keira Knightley como Elizabeth Swann Geoffrey Rush como Capitán Hector Barbossa Bill Nighy como Davy Jones Tom Hollander como Cutler Beckett Jack Davenport como James Norrington Chow Yun-fat como Sao Feng Naomie Harris como Tia Dalma/Calipso Stellan Skarsgård como Bill Turner Kevin McNally como Joshamee Gibbs Keith Richards como Capitán Teague Jonathan Pryce como Weatherby Swann Lee Arenberg como Pintel Mackenzie Crook como Ragetti David Bailie como Cotton Martin Klebba como Marty Christopher S. Capp como Voces do papagaio de Cotton "Boo-Boo" e "Mercedes" como Jack o Mono
Galardóns e nomeamentos 2007: 2 Nomeamentos ó Oscar: Mellores efectos visuais e mellor maquillaxe. 2007: BAFTA: Mellor maquillaxe. 5 nomeamentos.
Notas
Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Gore Verbinski Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes rodados en Hawai Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes rodados nas Bahamas Categoría:Filmes rodados en Utah Categoría:Filmes ambientados no Caribe Categoría:Filmes ambientados no século XVIII Categoría:Filmes de capa e espada Categoría:Filmes de piratas Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América