A terceira edición do Campionato do Mundo "A" de hóckey a patíns masculino tivo lugar na cidade de Lisboa (Portugal) entre os días 18 e 24 de maio de 1947. Nesta edición participaron un total de sete seleccións, todas elas do continente europeo, encadradas nun único grupo, decidíndose o título a xeito de liguiña. Ao final da liguiña, a selección de Portugal proclamouse campioa por primeira vez na historia (título conseguido sen perder ningún partido), relevando á ata aquela gran dominadora do hóckey a patíns, Inglaterra (campioa nas dúas primeiras edicións), e por diante dos combinados de Bélxica e España, prata e bronce respectivamente. Nos 21 partidos do torneo anotáronse un total de 122 goles, cunha media de 5,81 goles por partido.
Torneo No torneo participaron sete seleccións. Tódalas seleccións participantes eran europeas, polo que esta competición foi considerada tamén Campionato de Europa. O torneo disputouse no formato de liguiña de todos contra todos, saíndo campión o equipo que máis puntos sumara ao final dos seis partidos, sendo o sistema de puntuación de 2 puntos para o gañador, 1 punto para cada equipo no caso de empate, e ningún punto para o equipo perdedor.
Clasificación Equipo Pts PX PG PE PP GF GC DG Portugal126600278+19 Bélxica763122414+10 España763121314-1 Italia663032016+4 Inglaterra663031619-3 Francia462041222-10 Suíza060061029-19
Resultados DataResultado 17.05.47 España 2-1 Suíza 17.05.47 Inglaterra 3-2 Francia 17.05.47 Portugal 7-2 Bélxica 18.05.47 Italia 7-2 Suíza 18.05.47 Bélxica 6-2 Francia 18.05.47 Portugal 2-1 España 19.05.47 Inglaterra 5-2 Suíza 19.05.47 Portugal 7-1 Francia 19.05.47 Bélxica 3-4 Italia 20.05.47 Italia 0-1 Francia 20.05.47 Portugal 5-2 Suíza 20.05.47 España 2-5 Inglaterra 21.05.47 España 3-2 Francia 21.05.47 Bélxica 6-0 Inglaterra 21.05.47 Portugal 3-2 Italia 22.05.47 Francia 4-3 Suíza 22.05.47 Bélxica 1-1 España 22.05.47 Italia 4-3 Inglaterra 23.05.47 Portugal 3-0 Inglaterra 23.05.47 Bélxica 6-0 Suíza 23.05.47 España 4-3 Italia
Véxase tamén
Ligazóns externas Resultados en www.rink-hockey.net
4 Categoría:Hóckey a patíns en 1947