miniatura|Tareixa de Ávila, pintura de Rubens. Santa Tareixa de Xesús. Os santos (do latín sanctus, -i, de sanctus, -a, -um, 'sagrado', 'venerado'; en grego αγίος (hagíos); en hebreo qâdosh, 'elixido por Deus') son homes ou mulleres distinguidos nas diversas tradicións relixiosas polas súas atribuídas relacións especiais coas divindades.

Estas relacións conducen a unha especial distinción dos suxeitos polas súas calidades en especial morais, e este sentido presérvase en tradicións espirituais no necesariamente teístas.

A influencia dun santo supera o ámbito da súa relixión cando a aceptación da súa moralidade adquire compoñentes universais: por exemplo, é o caso de Tareixa de Calcuta e, en xeral, polo menos até certo punto, de todos os fundadores das grandes relixións.

Catolicismo A Igrexa Católica ensina que ela non fai santo a ninguén, senón que simplemente recoñece a santidade de determinadas persoas. Na Igrexa Católica, o título de "Santo" refírese a aquela persoa que ten sido canonizada e que, xa que logo, pénsase que está no Ceo e proponse como modelo aos fieis:

A veneración dos santos, en latín "cultus", é a devoción particular a un santo determinado. Este culto é un culto de honra e respecto (dulia), mais non de adoración (latria), reservada só a Deus e nunca empregado cos santos. Pódese pedir a súa intercesión ante Deus por aqueles fieis que aínda viven, do mesmo xeito que un fiel pode pedirlle a outro que pregue por el.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Santos do día . Santoral católico completo . Santos, oracións e milagros . O Espírito Santo e os Santos .